Mostrando entradas con la etiqueta celga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celga. Mostrar todas las entradas
Convocatoria probas Celga, niveis 1, 2, 3 y 4
13 mar 2026
Arquivado en: celga, cursos, DOG
Con data 13/03/2026 publicouse no DOG a Resolución do 6 de marzo de 2026 , da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis I, 2, 3 e 4, no ano 2026 publícase no Dog a convocatoria dos cursos celga 1, 2 ,3 e 4.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitud, segundo o modelo PL500C que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás cales solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa , será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución . Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
. - Para ver a resolución completa, preme aquí
Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios do Celga
25 jun 2025
Arquivado en: celga, DOG, linguaxe administrativo
Hoxe publícase no DOG a Resolución do 13 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2025/26.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:
– Desde o 30 de xuño ata o 11 de xullo de 2025, para os cursos do primeiro cuadrimestre;
– Desde o 10 ata o 21 de novembro de 2025, para os cursos do segundo cuadrimestre.
Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1,2,3 e 4 no ano 2025
7 mar 2025
Arquivado en: celga, certificados, DOG, probas
Hoxe publícase no DOG a Resolución do 3 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario
de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa
correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou
as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral
da Lingua
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema
de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do
día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día
do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte
Para ver a Resolución completa, preme aquí
Convocatoria de cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4
7 feb 2025
Arquivado en: celga, DOG
Hoxe publicase no DOG a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. Tras accederen á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscripción.
Co fin de conseguir o rendemento adecuado do curso, conforme o punto segundo, parágrafo 2, da resolución, ao seleccionar a persoa interesada aquel en que desexa inscribirse, o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos de lingua galega.
Só haberá un intento por cada nivel. Se o resultado da proba é apto, este actuará como criterio de preferencia á hora de asignar as prazas do curso cando o número destas sexa menor ca o de solicitantes. As persoas que non superen a proba poderán igualmente inscribirse no curso, ben que non terán preferencia na asignación das prazas-
O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Para ver a resolución completa, preme
aquí
aquí
Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e curso preparatorias do certificado Celga
26 jun 2024
Arquivado en: celga, convocatoria, DOG, linguaxe administrativa
Hoxe publícase no DOG a Resolución do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no punto quinto desta resolución.
O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:
– Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
– Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre.
Para ver a resolución completa, preme aquí
Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados Celga
22 jun 2023
Arquivado en: celga, cursos galego, DOG, linguaxe administrativa
Hoxe publícase no DOG a Resolución do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Se convocan con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2023/24, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.
Os cursos impartiranse entre setembro de 2023 e maio de 2024, en horario de mañá ou de tarde.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá dende o día 3 ata o 14 de xullo de 2023, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-decembro); e dende o 13 ata o 24 de novembro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio)
Para ver a Resolución completa, preme aquí
Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de Celga 2, Celga3 e Celga 4
10 feb 2023
Arquivado en: celga, cursos de galego, DOG
Hoxe sae publicado no DOG a Resolución do 31 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria
de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados
de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Para ver a Resolución completa, preme aquí
Probas Celga, 2, 3 e 4: publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas
13 oct 2022
Arquivado en: celga, Lingua galega, listaxes provisionais
Con data 13/10/2022 publicouse no Portal da Lingua Galega as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para as probas Celga 2,3 e 4 .
As persoas excluídas disporán dun prazo de 10 días hábiles, que se contarán a partir do
seguinte ao da publicación desta resolución na web da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa
exclusión.
Para ver as listaxes provisionais publicadas, preme aquí
Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3e 4 , no ano 2022
9 sept 2022
Arquivado en: celga, DOG
Hoxe publícase no DOG a Resolución do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do
día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
Para ver a Resolución completa, preme aquí
Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga
14 feb 2022
Arquivado en: celga
Hoxe publícase no DOG a Resolución do 26 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria
de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados
de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que
se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de
Galicia.
Para ver a Resolución completa, preme aquí
Cursos preparatorios para as probas Celga
22 feb 2019
Arquivado en: celga, DOG, intranet
A Secretaria Xeral de Política Lingüistica publicou no DOG do 19 de febreiro unha nova convocatoria de cursos preparatorios para obter os certificados de lingua galega (Celga).
Tipo de cursos:
- Na modalidade de teleformación para os niveis 1, 3 e 4.
- Na modalidade presencial para os niveis 2, 3 e 4, nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Todos os cursos terán lugar nos meses de abril e maio e o prazo de incrición é de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG.
Máis información na convocatoria.
- Na modalidade de teleformación para os niveis 1, 3 e 4.
- Na modalidade presencial para os niveis 2, 3 e 4, nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Todos os cursos terán lugar nos meses de abril e maio e o prazo de incrición é de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG.
Máis información na convocatoria.
Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para obter os certificados Celga 1, 2,3 y 4
12 feb 2018
Arquivado en: celga, cursos, DOG
Publícouse no Dog a RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).
Para ver a resolución, preme aquí
Celga 2017. Convocadas as probas para a obtención dos certificados
4 abr 2017
Arquivado en: celga, Lingua galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publica no DOG de hoxe, 4 de abril de 2017, a convocatoria para as probas Celga deste ano, que terán lugar en Santiago de Compostela e en Ponferrada no mes de xuño. Como outros anos, os niveis para os que haberá exame son o 1, 2, 3 e 4.
As persoas destinatarias destas probas son as maiores de 16 anos ou que os fagan antes de finais do ano 2017. As probas realizaranse nas seguintes datas (que poderán mudarse por razóns de forza maior ou para a mellor administración das probas):
- Celga 4: 10 de xuño de 2017.
- Celga 2: 11 de xuño de 2017.
- Celga 3: 17 de xuño de 2017.
- Celga 1: 18 de xuño de 2017.
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación é dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Para máis información sobre o desenvolvemento das probas e os formularios de inscrición preme aquí



















