Hoxe publícase no DOG a Resolución do 3 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario
de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa
correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou
as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral
da Lingua
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema
de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do
día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día
do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte
Para ver a Resolución completa, preme aquí