Mostrando entradas con la etiqueta Consellería de Presidencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Consellería de Presidencia. Mostrar todas las entradas

Consellería de Presidencia. Postos de libre designación. Resolución

21 jun 2012

Diario Oficial de Galicia
No Diario Oficial de Galicia número 118, do 21 de xuño de 2012, publícase a Orde da Consellería de Presidencia, do 14 de maio de 2012, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo anunciada pola Orde do 17 de novembro de 2011.

Subgrupo: A2.

Apelidos e nome: Trebolle Rodríguez, Marta.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Réxime Xurídico e Relacións Laborais.

Código do posto: PR.C03.00.001.15770.005.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84.

Centro directivo: Dirección Xeral de Xustiza.

Localidade: Santiago de Compostela.

Consellería de Presidencia. Convocatoria dun posto de libre designación: Xefatura Servizo de Programas e Estudos

23 may 2012

No Diario Oficial de Galicia número 97, do 23 de maio de 2012, publícase a ORDE da Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, do 4 de maio de 2012, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Anexo

Código do posto: PR.C03.00.000.15770.030.

Denominación do posto: Xefatura Servizo de Programas e Estudos.

Subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84.

Corpo ou escala: xeral/secretario xudicial/xestor procesual e administrativo.

Adscrición admóns. públ.: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. e Administración de Xustiza).

Formación específica: 640-para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dirección Xeral de Xustiza: Delegación de competencias

1 may 2012

Diario Oficial de Galicia
No Diario Oficial de Galicia número 82, do 30 de abril de 2012, publícase a Resolución do 17 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se delegan competencias en materia de medios persoais e materiais da Administración de xustiza en Galicia a favor das xefaturas territoriais desta consellería.

Descargar PDF

Texto

O Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, atribúe á Dirección Xeral de Xustiza as competencias relativas aos medios persoais, económicos e materiais ao servizo da Administración de xustiza.

O artigo 3.2 do dito decreto dispón que as delegacións territoriais da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo quedan adscritas organicamente á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e que exercerán as competencias previstas no artigo 7 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia, así como aqueloutras previstas na normativa aplicable.

A delegación de competencias permite unha maior axilización administrativa que redunda no beneficio tanto da Administración coma da cidadanía, dentro do máis rigoroso respecto das garantías xurídicas que a tutela dos intereses públicos exixe. O tempo transcorrido desde a publicación da anterior resolución de delegación de competencias e as modificacións producidas na configuración administrativa durante este período aconsellan redactar unha nova resolución que a substitúa.

Na súa virtude, de conformidade co establecido no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Primeiro. Delegación de competencias.

Deléganse a favor das xefaturas territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

1. En relación co persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia:

a) A confección e o pagamento das nóminas, a xestión dos seguros sociais e as demais funcións de habilitación.

b) A provisión temporal de postos de traballo dos corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial a través do nomeamento de interinos, dentro dos límites e criterios que estableza a Dirección Xeral de Xustiza.

c) Recoñecemento de trienios aos funcionarios interinos dos corpos ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

d) Os acordos administrativos de aplicación do artigo 39.2 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, cando se trate de atribucións de funcións de xestor, de tramitador ou de auxilio xudicial en unidades distintas á do posto de traballo do funcionario dentro do mesmo centro de destino, segundo os criterios que aprobe a Dirección Xeral de Xustiza.

e) Os acordos administrativos relativos ás substitucións a que fai referencia o artigo 75 do antedito Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional, aprobado polo Real decreto 1451/2005.

f) A determinación dos días de horario reducido por festividades locais, segundo os criterios que estableza a Dirección Xeral de Xustiza.

g) O control horario e os descontos en nómina en caso de incumprimento das xornadas.

h) A aprobación do plan de vacacións da oficina xudicial e a concesión ou denegación delas.

i) A concesión ou denegación de permisos por asuntos particulares e de permisos por causa xustificada, incluídos os permisos de maternidade e paternidade nos supostos de parto, adopción e acollemento e mais os permisos de lactación por un fillo menor de doce meses, así como tamén das reducións de xornada, con excepción da concesión de permisos para realizar función sindicais, de formación sindical e de representación do persoal.

j) A concesión ou denegación das licenzas de matrimonio.

k) A concesión ou denegación das licenzas por asuntos propios sen dereito a retribución ningunha.

l) A concesión e revogación das licenzas iniciais de enfermidade, así como a concesión, se for o caso, das sucesivas prórrogas ata os dezaoito meses.

m) A concesión das licenzas extraordinarias previstas no artigo 504.4 da Lei orgánica do poder xudicial.

n) As actuacións administrativas e sancións previstas no Regulamento xeral de réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 796/2005, en relación coas faltas leves.

2. En relación con outras materias da competencia da Dirección Xeral de Xustiza:

a) A fiscalización dos acordos municipais de nomeamento de persoas idóneas para o desempeño de secretarías de xulgados de paz de conformidade co previsto no artigo 50.3 da Lei de demarcación e de planta xudicial, así como o pagamento das compensacións económicas aplicables.

b) A xestión que lles sexa encomendada en materia de gastos de funcionamento da Administración de xustiza, para o que desenvolverán funcións de habilitación e de xestión das oportunas contas que se van xustificar.

c) A tramitación das reclamacións económicas de profesionais e técnicos privados por motivo da súa colaboración coa Administración de xustiza en calidade de peritos, depositarios, intérpretes e tradutores.

d) A xestión que lles sexa encomendada en materia de medios materiais da Administración de xustiza, en particular respecto do fornecemento de material de oficina e material non inventariable, doutros fornecementos e servizos varios e mais da conservación e reparacións das instalacións e material, así como tamén do control da recepción, implantación e funcionamento dos medios materiais da Administración de xustiza.

e) A recepción e trámite das comunicacións e solicitudes dos órganos xudiciais, fiscalías, oficinas xudiciais e servizos da Administración de xustiza sobre necesidades de medios.

f) As xestións que lles sexan encomendadas en relación co control das compensacións económicas en materia de xustiza gratuíta.

Segundo. Avocabilidade.

A delegación de competencias efectuada pola presente resolución enténdese sen prexuízo de que en calquera momento a Dirección Xeral de Xustiza poida avocar para si o coñecemento e resolución de cantos asuntos comprendidos nelas considere oportunos.

Terceiro. Recursos.

Exclúese desta delegación de competencias a resolución dos recursos que se interpoñan contra os actos dictados por delegación.

Cuarto. Control de delegacións.

A Dirección Xeral de Xustiza poderá solicitar dos órganos delegados a remisión periódica dunha relación dos actos que adopten no exercicio das atribucións delegadas.

Disposición derrogatoria.

Coa publicación da presente resolución queda derrogada a Resolución do 7 de febreiro de 2006, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se delegan competencias en materia de medios persoais e materiais da Administración de xustiza en Galicia a favor das delegacións provinciais desta consellería, así como todas aquelas disposicións que sexan contrarias ao establecido na presente resolución.

Disposición derradeira.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2012.

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

Consellería de Presidencia. Convocatoria de posto de libre designación

12 abr 2012

Diario Oficial de Galicia
No Diario Oficial de Galicia número 70, do 12 de abril de 2012, publícase a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 12 de marzo de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Descargar PDF

Anexo

Código do posto: PR.C99.10.000.27001.150.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Xustiza e Administración Local.

Subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 14.604,66.

Corpo ou escala: xeral/secretario xudicial.

Adscrición admóns. públ.: A12-A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA., Administración local ou Administración de xustiza).

Formación específica: 501-licenciado en dereito (mérito), 640-para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Observacións: horario especial.

Dependencia: xefatura territorial.

Localidade: Lugo.

Convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Presidencia

23 ene 2012

No Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2012, publícase a Orde do 19 de xaneiro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Descargar PDF 

Texto

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 19 de xaneiro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do citado decreto lexislativo,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e as demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo, se se considera oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Código do posto: PR.C99.00.000.15001.010.

Denominación do posto: secretario/a territorial.

Subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 21.029,54.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Adscrición admóns. públ.: A12-A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA., Administración local e Administración de Xustiza).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Dependencia: Delegación Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Consellería de Presidencia. Adxudicación de posto de libre designación

9 dic 2011

No Diario Oficial de Galicia número 234, de 9 de decembro de 2011, publícase a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 23 de novembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo anunciada pola Orde do 26 de setembro de 2011 [xefatura do Servizo de Relacións coa Administración de Xustiza].

Descargar PDF

Texto

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 23 de novembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo anunciada pola Orde do 26 de setembro de 2011.

Mediante Orde do 26 de setembro de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 18 de outubro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 26 de setembro de 2011 e designar a funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a funcionaria presta servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade ou comporta o reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

NRP: .

Subgrupo: A2.

Apelidos e nome: Arias Graña, Ana María.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Relacións coa Administración de Xustiza.

Código do posto: PR.C03.00.002.15770.020.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84.

Centro directivo: Dirección Xeral de Xustiza.

Localidade: Santiago de Compostela.

Consellería de Presidencia. Convocatoria dun posto de traballo polo sistema de libre designación

30 nov 2011

No Diario Oficial de Galicia número 229, do 30 de novembro de 2011, publícase a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 17 de novembro de 2011 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Código do posto: PR.C03.00.001.15770.005.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Réxime Xurídico e Relacións Laborais.

Subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84.

Corpo ou escala: xeral/secretario judicial/xestor procesual e administrativo.

Adscrición admóns. públ.: A13-(adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración de xustiza.

Formación específica: 381-técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade de seguridade no traballo (mérito), 382-técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade de hixiene industrial (mérito), 383-técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade de ergonomía e psicoloxía aplicada (mérito), 501-lcdo. en dereito (mérito), 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza.

Localidade: Santiago de Compostela.

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Texto

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 17 de novembro de 2011 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2, do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do citado decreto lexislativo,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e as demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo, se se considera oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Código do posto: PR.C03.00.001.15770.005.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Réxime Xurídico e Relacións Laborais.

Subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84.

Corpo ou escala: xeral/secretario judicial/xestor procesual e administrativo.

Adscrición admóns. públ.: A13-(adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración de xustiza.

Formación específica: 381-técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade de seguridade no traballo (mérito), 382-técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade de hixiene industrial (mérito), 383-técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade de ergonomía e psicoloxía aplicada (mérito), 501-lcdo. en dereito (mérito), 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza.

Localidade: Santiago de Compostela.

Consellería de Presidencia. Postos de libre designación. Adxudicación da Xefatura do Servizo de Xustiza en Vigo

4 nov 2011

No Diario Oficial de Galicia número 211, do 4 de novembro de 2011, publícase a ORDE da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 20 de outubro de 2011 pola que se resolve a convocatoria pública de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo, anunciada pola Orde do 24 de maio de 2011.

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Texto

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 20 de outubro de 2011 pola que se resolve a convocatoria pública de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo, anunciada pola Orde do 24 de maio de 2011.

Mediante Orde do 24 de maio de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 111, do 10 de xuño, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 24 de maio de 2011 e designar a funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a funcionaria presta servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade ou comporta o reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

NRP: 3609859957 A2060.

Subgrupo: A1.

Apelidos e nome: Mariño Regueiro, Marta.

Posto de traballo: Xefatura do Servizo de Xustiza.

Código do posto: PR.C99.40.000.36560.100.

Nivel: 28.

Complemento específico: 14.604,66.

Centro directivo: Delegación Territorial de Vigo.

Localidade: Vigo.

Consellería de Presidencia. Convocatoria dun posto de traballo polo sistema de libre designación

18 oct 2011

No Diario Oficial de Galicia número 199, do 18 de outubro de 2011, publícase a Orde do 26 de setembro de 2011 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo [Xefatura Servizo Relacións coa Administración de Xustiza] vacante na consellería de Presidencia.

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Descargar PDF

Texto

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 26 de setembro de 2011 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2, do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do citado decreto lexislativo,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e as demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo, se se considera oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Código do posto: PR.C03.00.002.15770.020.

Denominación do posto: Xefatura Servizo Relacións coa Administración de Xustiza.

Subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84.

Corpo ou escala: xeral/secretario xudicial/xestor procesual e administrativo.

Adscrición administracións públicas: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA e Administración de Xustiza).

Formación específica: 080 - experiencia na tramitación de convenios de colaboración (mérito), 501 – licenciado en dereito (mérito), 640 – para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza.

Localidade: Santiago de Compostela.

Consellería de Presidencia. Convocatoria de postos de libre designación. Xefatura territorial de Pontevedra

7 oct 2011

No Diario Oficial de Galicia número 193, de 7 de octubre de 2011, publicouse a Orde da Consellería de Presidencia do 20 de setembro de 2011 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería. Denominación do posto: Xefatura Territorial. Localidade: Pontevedra
Publicado no Diario Oficial de Galicia do 7 de outubro

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Texto

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 20 de setembro de 2011 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2, do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do citado decreto lexislativo,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e as demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo, se se considera oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Código do posto: PR.C99.10.000.36001.001.

Denominación do posto: Xefatura Territorial.

Subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 18.812,64.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Adscrición admóns. públ.: A12 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. e Administración local), A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. e Administración de xustiza).

Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: Pontevedra.

Posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia

23 sept 2011

No Diario Oficial de Galicia número 183, do 23 de setembro de 2011, publícase a ORDE da Consellería de Presidencia, do 15 de setembro de 2011, pola que se aproba a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia
Publicado no Diario Oficial de Galicia do 23 de setembro

I. Disposicións xerais

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Texto

A aprobación do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, supón un cambio organizativo substancial, xa que ordena o proceso de desenvolvemento dos servizos electrónicos e desenvolve, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o dereito da cidadanía a relacionarse coa Administración pública galega por medios electrónicos.

Dentro deste réxime, o capítulo II do Decreto 198/2010, que regula a sede e o rexistro electrónicos, crea a sede electrónica da Xunta de Galicia, instrumento que converte en realidade a posibilidade da cidadanía de relacionarse coa Administración xeral de Galicia coas garantías e dereitos exixidos pola Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

A sede electrónica da Xunta de Galicia configúrase como o enderezo electrónico que asegura a calidade da información, a coherencia na navegación, a procura integrada e a accesibilidade. Igualmente, a sede electrónica debe asegurar a identificación e comunicación seguras, o acceso ao Rexistro Electrónico, ás comunicacións, ás notificacións e aos formularios de solicitude para iniciar os procedementos administrativos ou solicitar a prestación de servizos.

Nesta liña, o Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, ademais de regular esta figura nos seus artigos 8 a 10, determina especificamente na súa disposición transitoria primeira que, no prazo máximo dun ano desde a entrada en vigor do devandito decreto, a persoa titular da consellería con competencias en materia de administracións públicas ditará a orde pola cal se establecerá a súa posta en funcionamento.

De acordo co exposto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Ámbito de aplicación da sede electrónica da Xunta de Galicia.

1. O ámbito de aplicación da sede electrónica da Xunta de Galicia comprende a totalidade dos órganos da Administración xeral de Galicia e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

2. O desenvolvemento normativo previsto no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, por medio do protocolo de creación de sedes electrónicas, poderá determinar a creación doutras sedes electrónicas conforme o establecido no artigo 10 do devandito decreto.

Artigo 2. Enderezo electrónico da sede.

O enderezo de referencia da sede electrónica da Xunta de Galicia é https://sede.xunta.es. Así mesmo, o acceso á sede tamén estará dispoñible mediante unha ligazón no portal web institucional da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Artigo 3. Posta en funcionamento da sede electrónica.

A sede electrónica da Xunta de Galicia comezará a operar o mesmo día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Consellería de Presidencia. Resolución da convocatoria dun posto de libre desgnación

2 ago 2011

No Diario Oficial de Galicia número 147, do 2 de agosto de 2011, publícase a Orde da Consellería de Presidencia, do 15 de xullo de 2011, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión polo sistema de libre designación da xefatura territorial de Ourense da Consellería de Presidencia.
Publicado no Diario Oficial de Galicia do 2 de agosto

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Xustiza implantará servicios de videoconferencia en todas las fiscalías de Galicia

20 jul 2011

La Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza implantará servicios de videoconferencia en todas las fiscalías de Galicia, dentro del Plan Senda 2014, según se ha trasladado en la reunión de la Comisión Mixta Xunta-Fiscalía celebrada en la sede del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) con la presencia del conselleiro Alfonso Rueda, y el fiscal superior de Galicia, Carlos Varela.
Publicado en www.europapress.es

Dentro de este plan, se dotarán 12 servicios de videconferencia a las fiscalías gallegas dentro de un proceso de implantación global en el ámbito judicial gallego "que implicará la puesta en marcha de un total de 22 servicios en los órganos judiciales de la comunidad", añade la Consellería de Presidencia en un comunicado. Además, se implantarán sistemas de videoconferencias personales para su utilización por parte de los fiscales.

La reunión de la Comisión Mixta ha contado también con la presencia de la secretaria xeral de Modernización de la Xunta, Mar Pereira, que dio cuenta de los avances en las actuaciones referidas al ámbito de la Fiscalía.

Al respecto, ha explicado que desde septiembre del año pasado la Xunta puso en marcha un plan de consolidación del sistema de gestión procesal de la Fiscalía, 'Fortuny', actualizando esta aplicación en las fiscalías de las Audiencias y en la del TSXG. En el primer semestre de este año, el porcentaje de procedimientos registrados con este sistema fue "casi un 8 por ciento superior al mismo período de 2010", señala la Administración autonómica.

GESTIÓN PROCESAL

Mientras, los dictámenes se han incrementado en más de un 20 por ciento y las sentencias registradas casi un 35 por ciento. La Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza avanza también que está trabajando en la integración de los sistemas de gestión procesal de la Fiscalía (Fortuny) y del sistema procesal judicial (Minerva) "para el intercambio de información entre ambas aplicaciones", explica en su comunicado.

Para el proceso de actualización del programa Fortuny, se celebraron un total de 35 cursos dirigidos a los cuerpos de fiscales y gestión y tramitación de las fiscalías de las siete grandes ciudades gallegas.

Finalmente, dentro del plan de renovación de equipamiento informático, se renovaron todos los ordenadores anteriores al año 2005 en las ciudades de A Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo. Durante el último trimestre del año, se continuará con la renovación de estos equipos en Pontevedra, Ourense y Lugo.

En el ámbito de la informatización y de la modernización tecnológica, el conselleiro de Presidencia se ha comprometido, en la reunión, a implantar de manera progresiva los mecanismos necesarios para poner a disposición de los fiscales la posibilidad de acceder de manera remota a la red de datos de la Administración de Justicia. Para ello, facilitará el acceso remoto desde sus casas a los fiscales que cuenten con dispositivos de conexión 3G suministrados por la Xunta y que podrán comenzar a solicitarse a partir de este año.

INFRAESTRUCTURAS JUDICIALES

En la reunión, también se ha analizado la situación de las infraestructuras judiciales, con especial atención a la futura rehabilitación de la Fábrica de Tabacos de A Coruña, en la que la Xunta invertirá casi 20 millones de euros para rehabilitar el edificio, tras el acuerdo de cesión con el Ayuntamiento de A Coruña.

Rueda se ha comprometido a estudiar las sugerencias planteadas por los fiscales de cara al proyecto de ejecución de la obra, "que intentará dar respuesta a las necesidades de los fiscales", subraya la Consellería de Presidencia en su comunicado.

Enlace permanente

Consellería de Presidencia. Postos de libre designación

15 jun 2011

Publicado no Diario Oficial de Galicia do 15 de xuño

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 1 de xuño de 2011 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 28 de abril de 2011.

Pola Orde do 28 de abril de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 94, do 16 de maio, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. En consecuencia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 28 de abril de 2011 e designar o funcionario cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o/a funcionario/a preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

NRP: 3325345768 A2060.

Grupo: A1.

Apelidos e nome: Juanatey Mayán, Rafael Isaac.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Medios da Administración de Xustiza.

Nivel: 30.

Código do posto: PR.C03.00.002.15770.001.

Centro directivo: Dirección Xeral de Xustiza.

Localidade: Santiago de Compostela.

Consellería de Presidencia. Convocatoria de posto de libre designación: Xefatura Servizo de Xustiza de Vigo

10 jun 2011

Publicado no Diario Oficial de Galicia do 10 de xuño

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 24 de maio de 2011 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificios administrativos de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/ha funcionario/a con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma, conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e nas demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Código do posto: PR.C99.40.000.36560.100.

Denominación do posto: Xefatura Servizo de Xustiza.

Grupo: A1-A2.

Nivel: 28.

C. específico: 14.604,66.

Corpo ou escala: xeral/secretario xudicial.

Adscrición admóns. publ.: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA e Administración de xustiza).

Formación específica: 640 para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Observacións: horario especial.

Dependencia: Delegación Territorial de Vigo.

Localidade: Vigo.

Nomeamento da subdirectora xeral de Persoal da Administración de Xustiza

6 jun 2011

Publicado no Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 3 de xuño de 2011 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 17 de marzo de 2011.

Pola Orde do 17 de marzo de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 65, do 1 de abril de 2011, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

En consecuencia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola orde desta consellería do 17 de marzo do 2011 e designar a funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o/a funcionario/a preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade ou comporta o reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e a base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

NRP: 0536123702 A2060.

Grupo: A1.

Apelidos e nome: Sáez Madrid, María Dolores.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Persoal da Administración de Xustiza.

Nivel: 30.

Código posto: PR.C03.00.001.15770.001.

Centro directivo: Dirección Xeral de Xustiza.

Localidade: Santiago de Compostela.