Mostrando entradas con la etiqueta Acción social. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acción social. Mostrar todas las entradas

CCOO non asiste á Mesa de Acción Social por baleira de fondos e contido


14 may 2024


 





1.- Este sindicato recibiu correo desa DXX convocándonos á comisión de acción social para este martes, 14 de maio de 2024 e remítese así mesmo coa convocatoria os criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2024 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.




2.- A vista do borrador presentado, un ano máis por aplicación da Lei 1/2012 do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público das Comunidades Autónoma de Galicia, a acción social queda reducida a axuda do programa de atención de persoas discapacitadas, axuda á que se destina, a cantidade de 21.911,00 euros, orzamento que consideramos, de xeito evidente, insuficiente.




Polo exposto,



CCOO comunicamos que non asistiremos á mesa convocada xa que negámonos a participar nunha acción social que supoña un recorte máis e onde as cantidades a distribuír son ridículas, esixindo:


- a volta a unha acción social que supoña o 1% da masa salarial, como noutras comunidades,


- que se recuperen as axudas por fillos e estudos


- e que se recoñezan novas axudas a outras enfermidades como crohn, celíacos…

Acción Social social 2021. Publicación das listaxes provisionais.


22 jul 2021


 





 Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2021 para o persoal ao             servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.

Para ver a Resolución completa, preme aquí


Publicada no DOG a convocatoria do Fondo de Acción Social para o ano 2021


27 may 2021


 

 

  Hoxe publícase no DOG a Resolución do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade da convocatoria e dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2021 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

  Poderán solicitar as axudas os funcionarios de carreira e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.

O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos exixidos polo presente programa de atención de persoas discapacitadas do Fondo de Acción Social.

Tamén poden solicitar a axuda:

a) Aquelas persoas que prestaran servizos como funcionarios interinos da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 30.7.2020) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.

b) Os funcionarios de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (30.7.2020) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestaran servizos nesta comunidade autónoma e se xubilaran durante o dito período.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es.

A contía da axuda calcúlase do seguinte modo, tendo en conta o grao de discapacidade:

– Do 33 % ao 64 %: 300 €.

– Do 65 % ao 74 %: 600 €.

– Do 75 % en diante: 1.200 €.

 

Para ver a Resolución completa, preme aqui