Publicada no DOG a convocatoria de postos de traballo polo sistema de libre designación


12 sept 2025





Hoxe , 12/09/2025 publícase no DOG a Resolución  do 4 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan, para a provisión polo sistema de libre designación, postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, e de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza.

Os postos de traballo que se convocan poden ser solicitados por persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo do posto que solicita, calquera que sexa a súa situación administrativa, excepto que se encontre nalgunha das situacións previstas no número 2, sempre que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e se manteñan ata a súa resolución

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, nas cales farán constar os seus datos persoais, o posto de traballo actual e o posto a que aspiran, no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude

. -.Para ver a resolución completa, preme aquí