Mostrando entradas con la etiqueta DOG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DOG. Mostrar todas las entradas

Convocatoria de probas para o certificado de lingua galega, Celga 2,3 y 4


12 sept 2025



Con data 12/09/2025 saiu publicada no DOG ,  a Resolución  do 1 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.rtificados de lengua gallega, niveles Celga 2, 3 y 4, en el año 2025 (código de procedimiento PL500C).


. - Para ver a resolución completa, preme aquí


Publicada no DOG a convocatoria de postos de traballo polo sistema de libre designación






Hoxe , 12/09/2025 publícase no DOG a Resolución  do 4 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan, para a provisión polo sistema de libre designación, postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, e de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza.

Os postos de traballo que se convocan poden ser solicitados por persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo do posto que solicita, calquera que sexa a súa situación administrativa, excepto que se encontre nalgunha das situacións previstas no número 2, sempre que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e se manteñan ata a súa resolución

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, nas cales farán constar os seus datos persoais, o posto de traballo actual e o posto a que aspiran, no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude

. -.Para ver a resolución completa, preme aquí


DOG: publicación da relación de postos de traballo da Fase III


11 sept 2025



Con data 11/09/2025 publícase a Resolución do 29 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as relacións de postos de traballo da Secretaría de Goberno e das oficinas de xustiza, fase III e a Resolución do 29 de Agosto de 2025 pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas do Rexistro Civil.


Para ver a Resolución completa  RPTS da Secretaría de Goberno e oficinas de xustiza, preme aquí

Para ver a Resolución completa  RPTS das oficinas do Rexistro Civil, preme aquí

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios do Celga


25 jun 2025







Hoxe publícase no DOG a Resolución do 13 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2025/26.



As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega.


 O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

– Desde o 30 de xuño ata o 11 de xullo de 2025, para os cursos do primeiro cuadrimestre;

– Desde o 10 ata o 21 de novembro de 2025, para os cursos do segundo cuadrimestre.


- Para ver a resolución completa, preme aquí

Acción Social 2025: publicada no DOG a convocatoria e os criterios de repartición


13 may 2025


 





Con data 13/05/2025 publícase no DOG a Resolución do 5 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terán a condición de beneficiarios:

a) Os/as solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nas epígrafes anteriores.

b) Os/as solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nas epígrafes anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 %.

Tamén poden solicitar a axuda:

 a) Aquelas persoas que prestasen servizos como persoal funcionario interino da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 26.6.2024) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.

 b) O persoal funcionario de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (26.6.2024) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestase servizos nesta comunidade autónoma e se xubilase durante o dito período.

No caso de que a persoa beneficiaria teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha.


Prazo de presentación de solicitudes: Quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.


As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es.

A contía da axuda calcúlase do seguinte modo, tendo en conta o grao de discapacidade:

 – Do 33 % ao 64 %: 300 €. 

– Do 65 % ao 74 %: 600 €.

 – Do 75 % en diante: 1.200 €. 

A Comisión de Acción Social poderá modificar a anterior repartición cando por causa do número de instancias presentadas, o orzamento establecido para esta axuda non sexa suficiente para a aplicación dos importes acabados de sinalar, de tal xeito que estes importes se verán reducidos proporcionalmente ata que a contía global das solicitudes aprobadas non supere o importe de 21.911,00 euros establecido para esta axuda.


Para ver a resolución completa, preme aquí

   


Publicadas no DOG as resolucións que acordan o deseño e a estrutura da oficina xudicial dos tribunais de instancia , as RPTs das oficinas de xustiza nos municipios de Galicia, as RPTs das oficinas de xustiza, fase I , e as RPTs das oficinas xerais do rexistro civil


7 may 2025













Con data 07/05/2025  publícase no DOG a  resolución do 23 de abril de 2025 pola que se acorda o  deseño e a estrutura da oficina xudicial para os tribunais de instancia e os tribunais colexiados, a relación de postos de traballo das oficinas de xustiza nos municipios de Galicia, así como a relación de postos de traballo das oficinas de xustiza, fase I e das oficinas xerais  Rexistro Civil , fase I.



-Resolución pola que se acorda o deseño e a estrutura da oficina xudicial, preme aquí

-Resolución pola que se aproban  as RPTs nas oficinas de xustiza dos municipios de Galicia, preme aquí

 -Resolución pola que se aproban as RPTs das oficinas de xustiza, fase I, preme aquí 

 -Resolución pola que se aproban  as RPTs das oficina xerais do Rexistro civil, preme aquí





ComDix: curso para a obtención da certificación galega en competencias dixitais.


23 abr 2025







Hoxe publícase no DOG a  Resolución  do 10 de abril de 2025 pola que se convoca un curso para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de iniciación, na modalidade de teleformación titorizada.

O prazo para a inscrición será de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte

Para ver a Resolución completa, preme aquí 



EGAP: convocatoria de probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix)


11 abr 2025







Hoxe publícase no DOG a Resolución do 4 de abril de 2025 pola que se convocan as probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de Iniciación para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais galegas e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).



A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do día 23 de abril de 2025, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula na proba de certificación.


Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 19 de decembro de 2025.


A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a inscrición. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 62 53 y 981 54 63 35 ou no enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).


O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de certificación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.


As probas de certificación realizaranse nas datas e localizacións que para cada unha delas se indiquen no anexo II desta resolución.


O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 22 de abril de 2025.


As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada proba de certificación en cada unha das localidades, días e horarios de realización, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).


As persoas seleccionadas poderán renunciar á proba. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.


A proba de certificación para a obtención do certificado ComDix realizarase na plataforma habilitada ao efecto pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.Ç


Para ver a Resolución completa, preme aquí

EGAP: convocadas actividades de formación continúa en materia de igualdade e violencia de xénero


9 abr 2025









Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2025 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, da Administración institucional, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades públicas galegas.



O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 16 de abril de 2025.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.


 - Para ver a Resolución completa, preme aquí

EGAP: convocatoria de curso de prevención de riscos laborais , nivel básico.


20 mar 2025





Hoxe publícase no DOG a Resolución do 4 de marzo de 2025 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

Poderán participar nesta actividade formativa: os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.


O prazo de presentación de solicitudes será do 21 ao 31 de marzo de 2025.


As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


 - Para ver a Resolución completa, preme aquí


EGAP : convocatoria de actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia










Con data 20/03/2025  publícase no DOG a Resolución de 12 de marzo de 2025 pola que se convocan as   as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.


O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 27 de marzo de 2025.


As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.



Para ver a Resolución completa, preme aquí

Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1,2,3 e 4 no ano 2025


7 mar 2025






Hoxe publícase no DOG a  Resolución  do 3 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte

Para ver a Resolución completa, preme aquí

Convocatoria de actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais Comdix











Hoxe publícase no DOG a Resolución do 28 de febreiro de 2025 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais Comdix para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia e das entidades locais galegas, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

 O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2025.

 As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo , desde as 9.00 horas desde a data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


- Para ver a resolución completa, preme aquí

Convocatoria de cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)






Hoxe publícase no DOG  a Resolución  do 28 de febreiro de 2025 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.



O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2025.


As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática, dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres

- Para ver a Resolución completa, preme aquí

Convocatoria de cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4


7 feb 2025








Hoxe publicase  no DOG a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. Tras accederen á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscripción.

Co fin de conseguir o rendemento adecuado do curso, conforme o punto segundo, parágrafo 2, da resolución, ao seleccionar a persoa interesada aquel en que desexa inscribirse, o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos de lingua galega.

Só haberá un intento por cada nivel. Se o resultado da proba é apto, este actuará como criterio de preferencia á hora de asignar as prazas do curso cando o número destas sexa menor ca o de solicitantes. As persoas que non superen a proba poderán igualmente inscribirse no curso, ben que non terán preferencia na asignación das prazas-

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


Para ver a resolución completa, preme

aquí

Campaña da vixilancia da saúde para o ano 2025


4 feb 2025










Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2025 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.


É aplicable a todos/as os/as traballadores/as da Administración xeral da Xunta de Galicia, agás o persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións.

A persoa funcionaria que vaia solicitar a prolongación no servizo activo, ou a súa prórroga, de acordo co establecido no artigo 3 da Orde do 7 de xaneiro de 2013 pola que se regula o procedemento de autorización da prolongación da permanencia no servizo activo, poderá solicitar a realización do recoñecemento médico para a obtención do certificado de aptitude médico laboral que, en todo caso, deberá estar vixente no momento da solicitude da prolongación da permanencia no servizo activo.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do empregado público da Xunta de Galicia) ou do Opax (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).

A inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude.

Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

O prazo de inscrición rematará transcorrido catro meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, agás o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

A falta de asistencia á cita implicará, agás causa de forza maior debidamente xustificada ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais no prazo de cinco días, que o/a traballador/a renuncia ao recoñecemento médico de forma voluntaria.

Os resultados da vixilancia da saúde serán subscritos polo/a facultativo/a competente, teñen carácter persoal e reservado e a entrega farase preferiblemente de forma telemática a cada traballador/a.

-Para ver a resolución completa, preme aquí






EGAP: convocatoria de cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega


30 ene 2025







Con data 30/12/2025publícase no DOG a Resolución do 22 de xaneiro de 2025 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.


O persoal que desexe participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula>, e non serán admisibles outras formas de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 7 de febreiro de 2025.


Para ver a resolución completa, preme aquí


Publicada no DOG a orde pola que se ditan as instrucións sobre confección de nóminas


21 ene 2025






Con data 21/01/24 saíu publicada no DOG a Orde do 17 de xaneiro de 2025 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2025.

Para ver a resolución completa, preme aquí

EGAP : publicado no DOG o Plan de formación para o ano 2025


15 ene 2025






Hoxe publícase no DOG a resolución do 26 de decembro de 2024 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2025.


O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo), tras unha incorporación gradual que culminou, no ano 2015, coa incorporación deste último colectivo como destinatario das actividades formativas da EGAP.


É preciso destacar que esta resolución ten carácter informativo e que a execución das accións recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente e ao que se estipule en cada convocatoria.

Para acceder ás accións formativas recollidas neste plan, será preciso formalizar matrícula, despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as correspondentes convocatorias

Para ver a resolución completa , preme aquí


Festas laborais de carácter local para o ano 2025 en Galicia


14 nov 2024




Hoxe publícase no DOG a  Resolución  do 6 de novembro de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2025, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para ver a resolución completa, preme aquí