EGAP : convocatoria de actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia


20 mar 2025









Con data 20/03/2025  publícase no DOG a Resolución de 12 de marzo de 2025 pola que se convocan as   as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.


O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 27 de marzo de 2025.


As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.



Para ver a Resolución completa, preme aquí