📢 CCOO XUSTIZA - ÚLTIMA HORA PERSOAL INTERINO
⚖️Compañeiros e compañeiras, compartimos con vós a información clave sobre a nova orde de interinos e os próximos chamamentos:
📅 Calendario previsto :
Venres, 25 de setembro : Publicación das listaxes definitiva de interinos.
Mércores, 30 de setembro : Primeiros chamamentos polas novas bolsas (notificarase a través do OPAX e tamén por SMS , salvo incidencias técnicas).
⚠️ Atención: Hai un total de 316 persoas excluídas por non optar en prazo por unha bolsa determinada.
📊 Integrantes das novas bolsas por provincia:
Provincia Xestión Procesal Tramitación Procesal Auxilio Xudicial
*A Coruña* 281 381 659
*Lugo* 82 126 191
*Ourense* 68 98 148
*Pontevedra* 191 320 512
💡 Para calquera dúbida ou consulta, podes escribirnos a:
✉️ ccooxustiza@fsc.ccoo.es
📞 676 38 52 34
Dende CCOO consideramos que esta información trasladada en Comisión Paritaria é insuficiente, e que a Xunta de Galicia debera ternos convocado entre a provisional e a definitiva, co fin de ter claros os criterios de exclusión ou baremación de cursos, por exemplo, a inexplicable falta de consideración do ComDix.
