📢Xa están publicadas as novas listas de interinos!
Listaxes resultantes de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 13 de abril de 2026.
Aquelas persoas aspirantes que estean incluídas en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar. O prazo para elixir bolsa (10 días hábiles) habilitarase entre o 31 de agosto e o 11 de setembro.
Se non o fixeran, entenderase que desisten de todas as súas solicitudes.
A elección deberá realizarse telematicamente dentro do prazo establecido, cubrindo necesariamente o formulario electrónico dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX.
As persoas que unicamente solicitasen formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.