Malia a que CCOO non deu o aval á nova orde de interinos publicada no DOG do 17 marzo, xa que o sistema galego de chamamentos era o mellor do Estado e co actual vaise a un cambio de modelo que non garante o emprego e a calidade da xustiza, agora xa estamos no proceso finalizado de presentación de instancias, e as portas da publicación das listas provisionais.
É por iso que a Dirección Xeral convocounos no día de onte co fin de transmitir os datos, pendentes de envío, de número de solicitudes presentadas, desglosados por provincia e corpo, e as dúbidas xeradas pola nova normativa.
- Publicarase a listaxe provisional a finais de xullo, principios de agosto, co prazo de dez días hábiles para alegacións.
- A intención é que no mes de setembro a listaxe definitiva estea conformada e comecen os chamamentos pola nova bolsa.
- A comisión paritaria reunirase cada seis meses e, de producirse incidencias, a solicitude de parte. En todo caso, antes da publicación definitiva terá lugar unha reunión co fin de resolver os posibles problemas interpretativos que xurdan nas alegacións.
- Unicamente faranse tres chamamentos telefónicos.
- A actualización de méritos farase logo de cada proceso selectivo, para CCOO é insuficiente, dado que, aínda que nos últimos anos convócanse con regularidade, pode haber anos sen OPE, o que impediría actualizar méritos de cursos de formación.
- Logo dun ano traballado, cando se teña que cesar, os nomeados pola nova bolsa terán catro meses de penalización nos que non serán chamados, aspecto máis controvertido da nova bolsa que CCOO non avala.
- O cese aos tres anos producirase para os nomeamentos que tiveron lugar logo da entrada en vigor da nova orde, o 17 de marzo de 2026.
CCOO reclama que se tomen medidas efectivas para a formación presencial remunerada das novas incorporacións de titulares ou interinos, ou cando se produzan cambios de xurisdición. O traballo non pode desenvolverse con eficiencia cando unha persoa que se incorpora depende da boa vontade dos compañeiros e compañeiras, ou de módulos de teleformación alleos á realidade práctica do órgano xudicial.
