Con data 13/05/2025 publícase no DOG a Resolución do 5 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Terán a condición de beneficiarios:
a) Os/as solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nas epígrafes anteriores.
b) Os/as solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nas epígrafes anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 %.
Tamén poden solicitar a axuda:
a) Aquelas persoas que prestasen servizos como persoal funcionario interino da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o
final da acción social do ano pasado (día 26.6.2024) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.
b) O persoal funcionario de carreira da Administración de xustiza que durante o período
comprendido entre o final da acción social do ano pasado (26.6.2024) e a finalización do
prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestase servizos nesta comunidade autónoma e se xubilase durante o dito período.
No caso de que a persoa beneficiaria teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha.
Prazo de presentación de solicitudes: Quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da
solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no
enderezo web opax.xunta.es.
A contía da axuda calcúlase do seguinte modo, tendo en conta o grao de discapacidade:
– Do 33 % ao 64 %: 300 €.
– Do 65 % ao 74 %: 600 €.
– Do 75 % en diante: 1.200 €.
A Comisión de Acción Social poderá modificar a anterior repartición cando por causa do número de instancias presentadas, o orzamento establecido para esta axuda non sexa suficiente para a aplicación dos importes acabados de sinalar, de tal xeito que estes importes se verán reducidos proporcionalmente ata que a contía global das solicitudes aprobadas non supere o importe de 21.911,00 euros establecido para esta axuda.