CCOO denuncia a falta de limpeza e insalubridade na Oficina de Xustiza de Oleiros


19 oct 2026


 


    CCOO denuncia a insoportable situación da Oficina de xustiza municipal de Oleiros, en materia de limpeza e insalubridade.

 

    Non é a primeira nin a segunda vez que as disputas competenciais entre Concello e Dirección Xeral de Xustiza supoñen que ningúen esta a desnvolver as labores de limpeza nesa oficina xudical, o antigo Xulgado de Paz de Oleiros, agora Oficina de xustiza municipal.

 

    Neste tipo de oficinas, os locais son postos a disposición polos Concellos, aos que a Xunta de Galicia, nos seus orzamentos, asigna unha partida económica para o seu mantemento,  varios miles de euros para expresamente aboar as cantidades que supoñan gastos como a luz, auga, e limpeza.

    As disputas administrativas sobre a insuficiencia das partidas ou quen é responsable desas funcións, entre a Xunta e o Concello de Oleiros, non poden desembocar nunha falta de dilixencia mínima, que manteña en condicións óptimas este órgano, xerando un prexuízo evidente en materia de riscos de prevención, pola falta de hixiene, que poden derivar en riscos psicosociais, por afectar á dignidade dos traballadores.

 

    Así mesmo, contra as mensaxes triunfalistas da Dirección xeral de Xustiza en torno á implantación existosa dos Tribunais de Instancia, derivados da Lei de eficiencia organizativa, a realidade palpable ábrese paso, e aos problemas de falta de persoal, atrasos significativos nos sinalamentos dos xuízos e falta de previsión organizativa, súmanse agora problemas que non son puntuais, como se derivan de todas as deficiencias non corrixidas ao longo do tempo nos diferentes informes de prevención en múltiples vilas e cidades, e que poñen en risco a imaxe eficiente que se debera ter da Xustiza Pública.

 

Dende CCOO instamos a que se corrixa de maneira inmediata esta situación, establecendo unha limpeza regular das dependencias, con independencia da solución dos conflitos que puidera haber entre Concello e Xunta e, de non ser así, acudiremos á Inspección de traballo co fin de garantir un traballo digno e unha Xustiza Pública de calidade.