Atenea: Así non!!!


16 oct 2026


 


A Dirección Xeral de Xustiza xa nos ten habituados/as a que a formación sexa impartida a través da plataforma de capacitación, na cal a Xunta despregou todas as súas ferramentas, para que todos os compañeiros e compañeiras, (sen terse esquecido dos LAJ e da Carreira Xudicial), que previa reserva de praza, a través de sesións telepresenciais, poidamos asistir á formación que eles consideran idónea para manexar a nova aplicación chamada ATENEA, que vén substituír o Sistema de Xestión Procesual Minerva, e, tiveron o gran detalle tamén de pensar, que poden quedar dúbidas no aire, e para iso crearon o apartado de reserva de praza para resolver dúbidas.


Si é certo que desde este Sindicato, CCOO, sempre se solicitou formación, pero que esta sexa en xornada laboral e fóra do horario de audiencia pública, pois dado as características que presenta o noso traballo, está máis que demostrado que a moitos de nós , nos é imposible asistir aos cursos que se veñen implantando desta forma, pois sempre hai factores externos como son as chamadas telefónicas, a atención presencial aos profesionais e aos cidadáns que impiden e obstaculizan o seguimento do curso. A Xunta debeu contemplar estes supostos que para iso, puxo guías rápidas, Manuais e guías de novidades con todas as versións e os destinatarios a quen van dirixidos.

Tratándose dunha aplicación informática, de cuestións tan abstractas cuxas dúbidas sempre xorden no manexo da aplicación, é máis que necesario que a formación se realice de forma presencial contemplando todas as situacións que día a día se presentan nas prazas, e nas oficinas de rexistro de escritos e demandas. A interacción entre o alumno e o titor é fundamental en cuestións de informática para resolver dúbidas que xorden no transcurso da formación.

CCOO oponse rotundamente a que se continúe con esta formación a través da Plataforma de Capacitación, que a Dirección Xeral de Xustiza de cara ao público mostra unha imaxe cumpridora, cando en realidade a efectividade de ditos cursos queda en entredito. Esiximos a Dirección Xeral que reconfigure esta formación, para que sexa efectiva e redunde na mellora do servizo público.


Así non!!