O sector de Xustiza de CCOO advirte dun colapso xudicial pola falta de creación de prazas de persoal funcionario.
A aprobación o
martes 13 de outubro, polo Consello de Ministros de 19 prazas de xuíces e 9 de
fiscais para Galicia non supuxo incremento algún dos cadros de persoal dos que
deben vir acompañados.
É unha norma
tácita que por cada xuíz ou xuíza debe haber persoal suficiente, co fin de
evitar un efecto embudo, se non hai quen tramite os procedementos e quen
execute as sentenzas, a xustiza seguirá paralizada. Cómpre lembrar que por cada
praza creada, mínimo, deberan haber un Letrado/a da Adminitración da Xustiza,
persoal de Xestión Procesal, dúas, de Tramitación tres, e de Auxilio outras dúas.
Así mesmo, as
recomendacións da Fiscalía Xeral do Estado instan a dotar prazas de funcinarios
en igual número ás de fiscais.
A competencia na
nosa Comunidade Autónoma en medios persoais e materiais da xustiza pública é da
Xunta de Galicia, nomeadamente da Dirección Xeral de Xustiza. Dende CCOO
instamos a que se convoque de inmediato unha mesa sectorial, para a creación
das 133 prazas mínimas necesarias para acompañar a eses novos e novas xuíces e
ás 9 prazas para as fiscalías, doutro xeito o servizo público ao cidadán non mellorará, a taxa de resolución real non
se incrementará ao ritmo esperado e os atrasos e o colapso organizativo
persistirán ou empeorarán.
O cadro de
persoal é indispensable para rexistrar, tramitar e notificar os procedementos,
e de non producirse e recaer sobre as persoas que están a desempeñar as súas
funcións, suporá unha sobrecarga de traballo inasumible, nuns tribunais de
instancia xa saturados, con sinalamentos tardíos e execucións imposibles, pola
improvisación na aplicación da nova Lei de eficiencia organizativa, que de
facto supuxo un recorte de persoal e dereitos laborais sen precedentes,
auspiciado pola Dirección Xeral de Xustiza.
