Mostrando entradas con la etiqueta vixilancia da saúde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vixilancia da saúde. Mostrar todas las entradas

Campaña da vixilancia da saúde para o ano 2025


4 feb 2025










Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2025 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.


É aplicable a todos/as os/as traballadores/as da Administración xeral da Xunta de Galicia, agás o persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións.

A persoa funcionaria que vaia solicitar a prolongación no servizo activo, ou a súa prórroga, de acordo co establecido no artigo 3 da Orde do 7 de xaneiro de 2013 pola que se regula o procedemento de autorización da prolongación da permanencia no servizo activo, poderá solicitar a realización do recoñecemento médico para a obtención do certificado de aptitude médico laboral que, en todo caso, deberá estar vixente no momento da solicitude da prolongación da permanencia no servizo activo.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do empregado público da Xunta de Galicia) ou do Opax (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).

A inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude.

Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

O prazo de inscrición rematará transcorrido catro meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, agás o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

A falta de asistencia á cita implicará, agás causa de forza maior debidamente xustificada ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais no prazo de cinco días, que o/a traballador/a renuncia ao recoñecemento médico de forma voluntaria.

Os resultados da vixilancia da saúde serán subscritos polo/a facultativo/a competente, teñen carácter persoal e reservado e a entrega farase preferiblemente de forma telemática a cada traballador/a.

-Para ver a resolución completa, preme aquí






Campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2023


1 feb 2023


 Ver resumo






Saíu publicada na intranet de xustiza a Resolución do 26 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2023 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.


O prazo de inscrición será de 4 meses desde o día seguinte á publicación no DOG. A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible na OPAX (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).


Campaña de vixilancia da saúde para o ano 2020


4 feb 2020









No Doga de hoxe publícase a  Resolución do 28 de xaneiro de 2020 , da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza , pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2020 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do Empregado Público da Xunta de Galicia) ou do OPAX (Oficina virtual do persoal da Administación de xustiza).

O prazo de inscrición rematará transcorrido 2 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Para ver a Resolución, preme aquí

Campaña de vixilancia da saúde para o ano 2019


5 feb 2019





No Dog do 4 de febreiro de 2019 publicouse a  RESOLUCIÓN de 21 de enero de 2019,da Secretaría General Técnica da Consellería de Presidencia, Administraciones Públicas y Justicia, por la que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde  para o ano 2019 no ámbito da Administraciónxeral da  Xunta de Galicia.

  A inscrición  previa realizarase de forma telemática no formulario de petición  de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia :www.xunta.gal/riscos

Prazo  de inscrición: 5 de Febreiro ata o 6 de marzo de 2019

Para ver a resolución , preme aqui

Formulario de petición de recoñecemento médico