skip to main
|
skip to sidebar
No Doga de hoxe publícase a Resolución do 28 de xaneiro de 2020 , da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza , pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2020 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.
A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do Empregado Público da Xunta de Galicia) ou do OPAX (Oficina virtual do persoal da Administación de xustiza).
O prazo de inscrición rematará transcorrido 2 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
Para ver a Resolución, preme aquí