Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas

Galicia : próxima publicación no DOG da convocatoria das bolsas de persoal interino


24 abr 2026







A Dirección Xeral de Xustiza informa a CCOO e ao resto de organizacións sindicais que o vindeiro 28 de abril está prevista a publicación no DOG da RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.



DOG: publicada a nova orde sobre selección e nomeamento de persoal interino en Galicia


17 mar 2026




Con data 17/03/2026 publicouse no DOG a Orde do 6 de mazo de 2026 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.


A convocatoria para formar parte das bolsas do persoal interino, segundo o borrador que nos remitiu a Dirección Xeral de Xustiza se publicará próximamente .

.- Para ver a resolución completa, preme aquí


Última hora: próxima convocatoria das bolsas de interinos de Galicia


6 mar 2026


 









A Dirección Xeral de Xustiza informa a CCOO e ao resto de organizacións sindicais  que foi asinado polo Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes a Orde sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, tras ser informado favorablemente polo Consello xeral do Poder Xudicial e pola Asesoría xurídica xeral. O proxecto de Orde foi tramitado de conformidade coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.



Unha vez publicada a Orde no DOG, a Dirección xeral iniciará o procedemento para a formalización da convocatoria das bolsas, en aras de resolver o antes posible o problema asociado ao esgotamento da bolsa actual, da cal se dará traslado.

Publicado no DOG os servizos mínimos da folga en apoio a Palestina


15 oct 2025














Con data 15/10/2025 publícase no DOG a Orde do 13 de outubro de 2025 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 15 de outubro de 2025.

No ámbito da Administración de Xustiza, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga a esta Administración autonómica galega, #de acordo con a normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento esencial prestado pola Administración de xustiza en Galicia que permitan compaxinar o dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público.


Neste sentido, e de conformidade coa doutrina do Tribunal Constitucional e coa xurisprudencia ditada na materia, e en particular coa Sentenza 463/2018, do 7 de novembro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, considéranse servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público:

1. Servizos de garda de xulgados, fiscalías e Instituto de Medicina Legal.

2. Xuízos orais na orde penal de causas con preso.

3. Medidas precautorias ou provisionais en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisoria, entre outras.

4. Actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos.

5. Actuacións urxentes do Rexistro Civil, tales como a expedición de licenzas de enterramento, entre outras, certificacións necesarias para obter documentos de obrigado cumprimento ou de deberes administrativos impostos ou para o exercicio doutros dereitos fundamentais e as de obrigado cumprimento prioritario e inescusable cuxa natureza será rexistral; inscricións de nacemento, defuncións, matrimonios…


6. Así mesmo, debe terse en conta que de producirse durante a xornada de folga algunha das actuacións urxentes ou esenciais das establecidas polo artigo 42 do Regulamento 1/2005, do Consello Xeral do Poder Xudicial, dos aspectos accesorios das actuacións xudiciais, ou pola normativa procesual correspondente, estas non poderían ser atendidas polo xulgado de garda, dado que o xulgado competente está en horas de audiencia, motivo leste polo que é preciso dispoñer dun mínimo de persoal nos distintos órganos xudiciais que figuran no articulado para atender as actuacións urxentes e inaprazables, sen vulnerar a atribución de competencias previstas nas correspondentes leis procesuais e no citado Regulamento 1/2005. 


. -Para ver a resolución completa, preme aquí


Comisións de servizo: adxudicacións provisionais das últimas prazas ofertadaso pasado 10/09/2025


18 sept 2025





Con data 18/09/2025 saíu publicada na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo en comisión de servizos entre o persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 10 de setembro do 2025 .

 As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería.


  -Para ver a resolución completa, preme aquí


Galicia: Convocatoria no BOE e no DOG do concurso específico (xefaturas Fase III)











Hoxe, 19/09/205 publícouse no DOG a Resolución do 8 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan para a provisión, polo sistema de concurso específico, postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa, e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.


Poderá participar en exclusiva, e por unha soa vez, o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa, e de auxilio xudicial destinado no municipio onde se deban desempeñar os postos de traballo ofertados. Ademais, para poder participar, o persoal funcionario deberase encontrar en situación de servizo activo ou con reserva de posto de traballo. Non hai tempo mínimo de prestación de servizos para participar no concurso específico.

As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo III desta resolución.

Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles desde a publicación no DOG e BOE


As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A


. - Para ver a Resolución completa, publicada no DOG , preme aquí

 . -Para ver a  Resolución completa publicada  no BOE, preme aquí










Publicada no DOG a convocatoria de postos de traballo polo sistema de libre designación


12 sept 2025





Hoxe , 12/09/2025 publícase no DOG a Resolución  do 4 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan, para a provisión polo sistema de libre designación, postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, e de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza.

Os postos de traballo que se convocan poden ser solicitados por persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo do posto que solicita, calquera que sexa a súa situación administrativa, excepto que se encontre nalgunha das situacións previstas no número 2, sempre que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e se manteñan ata a súa resolución

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, nas cales farán constar os seus datos persoais, o posto de traballo actual e o posto a que aspiran, no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude

. -.Para ver a resolución completa, preme aquí


Galicia: publicación de las RPTs de la Secretaría de Gobierno, oficinas de justicia y oficinas generales del Registro Civil de la Fase III de implantación de los Tribunales de Instancia


11 sept 2025




11 sept 2025


Publicado en el BOE de 11 de septiembre de 2025

COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA

Relaciones de puestos de trabajo

Resolución de 29 de agosto de 2025, de la Dirección General de Justicia, de la Consellería de Presidencia, Justicia y Deportes, por la que se aprueba la relación de puestos de trabajo de la Secretaría de Gobierno y de las oficinas de justicia. Fase III

PDF (BOE-A-2025-18075 - 3 págs. - 200 KB)

Otros formatos

Resolución de 29 de agosto de 2025, de la Dirección General de Justicia, de la Consellería de Presidencia, Justicia y Deportes, por la que se aprueba la relación de puestos de trabajo de las oficinas generales del Registro Civil. Fase III

PDF (BOE-A-2025-18076 - 2 págs. - 199 KB)

Otros formatos



Imprimir artículo


Publicadas as festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026


20 jun 2025









Con data 20/05/2025 publícase no DOG o DECRETO 46/2025, do 9 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2026.


1 de xaneiro Aninovo

6 de xaneiro Epifanía do Señor ( día de Reis)

19 de marzo San Xosé

2 de abril Xoves Santo

3 de abril Venres Santo

1 de maio Festa do Traballo

24 de xuño San Xoán

25 de xullo Día Nacional de Galicia

15 de agosto Asunción da Virxe

12 de outubro Festa Nacional de España

8 de decempro  Inmaculada Concepción 

25 de decembro Natividade do Señor


 - Para ver a resolución completa, preme aquí

Comisión de servizos: publicada nova oferta de prazas


21 may 2025



 

Con data 21/05/2025 día de hoxe publícase na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería, a Resolución da DXX, pola que se convoca provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.


Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.


Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico disponible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es.



Para ver a Resolución completa , preme aquí


Nova convocatoria da mesa sectorial de xustiza para o día 01/04/2025


27 mar 2025










A Dirección Xeral de Xustiza  convoca a CCOO e ao resto de organizacións sindicais  á mesa sectorial de xustiza prevista para o próximo 1 de abril, ás 11.00 horas, coa seguinte


ORDE DO DÍA:


1. Aprobación da acta da sesión anterior.

2. Proposta económica de incremento do CAT/CE como base dun Acordo para o desenvolvemento da nova oficina xudicial.

3. Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza do municipio.

4. Negociación da proposta de RPT das oficinas xerais do rexistro civil. Fase I.

5. Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza. Fase I.

6. Rogos e preguntas

Convocatoria de comisión de servizos en Galicia


9 ene 2025











Con data 09/01/2025 publícase na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería ,a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza , pola que se convoca provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.


Solicitantes: Persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.


O persoal funcionario que á data da publicación desta convocatoria estean desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de 6 meses na comisión de servizos ou substitución respectiva. Persoal funcionario con destino definitivo en calquera ámbito territorial.


Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico disponible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza ( OPAX), no sitio web http:// opax.xunta.es de conformidad eco artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022.

. Para ver a Resolución completa,,preme aquí


Médicos Forenses: oferta de prazas en Galicia concurso méritos (Orden JUS/1325/2022)


15 nov 2024


 








Saíu publicada na intranet de xustiza con data 15/11/2024, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para ingreso no corpo de médicos forenses, quenda libre, polo sistema selectivo de concurso, convocadas por Orde JUS/1325/2022, do 28 de decembro, as prazas correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


Para ver a Resolución completa, preme aqui



Festas laborais de carácter local para o ano 2025 en Galicia


14 nov 2024




Hoxe publícase no DOG a  Resolución  do 6 de novembro de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2025, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para ver a resolución completa, preme aquí


Comisión de servizo: nova oferta de prazas


13 nov 2024






Con data 13/11/2024 publícase a Resolución da Dirección  Xeral de Xustiza , pola que se convoca provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico disponible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidad eco artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022.


Para ver a resolución completa, preme aquí 


Galicia: listaxe definitiva de prazas vacantes para o concurso de traslado 2024


12 nov 2024




 A Dirección Xeral de xustiza remite a CCOO e ao resto das organizacións sindicales, a listaxe definitiva de prazas vacantes  para o vindeiro  concurso de traslado 2024.

- Listado definitivo de prazas vacantes Xestión.

- Listado definitivo de prazas vacantes Tramitación

- Listado definitivo de prazas vacantes Auxilio


Plazas vacantes para o concurso de traslados en Galicia


16 oct 2024






A Dirección Xeral de Xustiza acaba de remitir a CCOO e ao resto das organizacións sindicais o seguinte correo:

 

Bo día

Para o seu coñecemento, comunícase que o o Ministerio solicitou a esta dirección xeral a relación das vacantes dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial para o concurso de traslados de 2024. Remitirémosvos a relación de vacantes en canto estea elaborada.


Nova convocatoria de postos de traballo en comisión de servizo


12 sept 2024






Con data 12/09/2024 publícase a Resolución da Dirección xeral de Xustiza , pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.


Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico disponible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza ( OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidad eco artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022.


 Para ver a resolución completa, preme aquí


Nova oferta de prazas en comisión de servizo


20 may 2024










Con data 20/05/2024 publicouse na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos escalas ao servizo da Administración de xustiza

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo).


Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022.


Para ver a resolución completa, preme aquí


Modificación RPTs nas oficinas fiscais de Galicia


29 abr 2024



 Hoxe publícase no DOG a Resolución do 18 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.


Para ver la resolución completa, preme aquí