A Dirección Xeral remítenos o estado actualizdo dos procesos selectivos pendentes de resolución. CCOO xa presentou, e animou a presentar de forma individual, unha queixa ante o Defensor do Pobo, polo retraso inxustificado e inxustificable na tramitación de todos estes procesos, xenerando perxuízos gravísimos en materia económica e de conciliación da vida laboral e persoal a todas as persoas afectadas. Instamos a dotar de máis persoal aos departamentos de xestión destes procedementos, así como dos concursos de traslado, procesos lentos, por non decir en moitos casos paralizados, e negámonos en rotundo a que sexan xestionados por empresas privadas, tal e como aconteceu nalgún concurso de traslado no pasado, con nefastas consecuencias en sucesivas resolucións plagadas de erros.
CORPOS XERAIS
·
CONCURSO DE MÉRITOS (Orde JUS/1288/2022, de 22 de decembro)
-
Auxilio (3 prazas). Ofertáronse os postos e os
aspirantes xa elixiron. Pendente publicación da adxudicación.
·
CONCURSO-OPOSICIÓN (Orde JUS/1327/2022, de 28 decembro):
-
Tramitación (2 prazas):
Solicitados os postos,
pendente de adxudicación. Vilagarcía e Ribeira.
-
Auxilio (3 prazas):
Solicitados os postos,
pendente de adxudicación. O Barco, Lugo e
Pontevedra.
·
QUENDA LIBRE
2024 (Orde PJC/64/2024,
de 25 de xaneiro):
- Xestión:
13 (a praza de discapacidade queda sen cubrir). Pendente a adxudicación de postos.
-
Tramitación: 21 + 1 discapacidade. Pendente a adxudicación de postos.
-
Auxilio: 15 + 1 discapacidade. Pendente a adxudicación de postos
·
PROMOCIÓN INTERNA 2024:
- Xestión (2 prazas). Orde PJC/104/2024, de 31 de xaneiro. Pendente
a adxudicación de postos.
-
Tramitación (2 prazas).
Orde PJC/150/2024, de 19 de febreiro. Pendente
a adxudicación de postos.
·
QUENDA LIBRE 2025 (Orde PJC/1437/2024, de 3
de decembro):
-
Auxilio: 44 + 6 discapacidade. Vacantes tres
prazas da quenda de discapacidade que se adxudican
a persoal aprobado noutras CCAA. Pendente a adxudicación de postos.
·
QUENDA LIBRE 2026 (Orde PJC/1549/2025, de 22 de decembro):
-
Tramitación:
31 + 3 discapacidade. Exame o 3.10.2026
-
Auxilio: 23 + 3 discapacidade. Exame o 3.10.2026
·
PROMOCIÓN INTERNA
2026 (Orde PJC/1550/2025, de 22 de decembro):
-
Tramitación:
16 + 1 discapacidade. Exame o 20.06.2026
MÉDICOS FORENSES
·
Concurso de méritos quenda discapacidade (1 praza): Orde PJC/1356/2024, de 19 de novembro.
Resolución do concurso de méritos a través da Orde PJC/1536/2025,
de 18 de decembro, pola que se publica a relación de persoas aprobadas no
proceso selectivo extraordinario para acceso, por concurso, reservado a persoas
con discapacidade, no Corpo Nacional de Médicos Forenses, convocado pola Orde
PJC/1356/2024, de 19 de novembro.
Non se adxudica ningunha
praza en Galicia.
·
Acceso libre (2 prazas): Orde PJC/1446/2024, de 10 de decembro.
Publicada a resolución de oferta de prazas ás persoas aprobadas.
·
Orde PJC/1537/2025, de 18 de decembro, pola que se convoca proceso
selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso
libre, mediante oposición, no Corpo Nacional de Médicos Forenses.
Non se convocan prazas en Galicia.
