
Hoxe, 19/09/205 publícouse no DOG a Resolución do 8 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan para a provisión, polo sistema de concurso específico, postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa, e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.
Poderá participar en exclusiva, e por unha soa vez, o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa, e de auxilio xudicial destinado no municipio
onde se deban desempeñar os postos de traballo ofertados. Ademais, para poder participar, o persoal funcionario deberase encontrar en situación de servizo activo ou con reserva
de posto de traballo. Non hai tempo mínimo de prestación de servizos para participar no concurso específico.
As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo III desta resolución.
Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles desde a publicación no DOG e BOE
As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.
. - Para ver a Resolución completa, publicada no DOG , preme aquí
. -Para ver a Resolución completa publicada no BOE, preme aquí