Última hora: próxima convocatoria das bolsas de interinos de Galicia


6 mar 2026


 









A Dirección Xeral de Xustiza informa a CCOO e ao resto de organizacións sindicais  que foi asinado polo Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes a Orde sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, tras ser informado favorablemente polo Consello xeral do Poder Xudicial e pola Asesoría xurídica xeral. O proxecto de Orde foi tramitado de conformidade coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.



Unha vez publicada a Orde no DOG, a Dirección xeral iniciará o procedemento para a formalización da convocatoria das bolsas, en aras de resolver o antes posible o problema asociado ao esgotamento da bolsa actual, da cal se dará traslado.