O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 5 de xuño de 2026.
Mostrando entradas con la etiqueta cursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cursos. Mostrar todas las entradas
EGAP: convocatoria de cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade
28 may 2026
Arquivado en: cursos, EGAP, linguaxe xurídico
Con data 28/05/2026 publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2026 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 5 de xuño de 2026.
.-Para ver a resolución completa, preme aquí
Curso prevención de riscos laborais, nivel básico
17 mar 2026
Arquivado en: cursos, DOG, prevención riscos laborais
Con data 17/03/2026 publicouse no DOG a Resolución do 9 de marzo de 2026 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
Poderán participar nesta actividade formativa empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, traballadores/as designados/as e delegados/as de prevención, empresarios/as que asuman as funcións de prevención e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
O prazo de presentación de solicitudes será do 20 ao 30 de marzo de 2026.
. - Para ver a Resolución completa, preme aquí
EGAP : convocatoria de actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia
16 mar 2026
Arquivado en: cursos, EGAP
Con data 16/03/2026 publícouse no DOG a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2026 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes principiará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de marzo de 2026.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
. - Para ver a resolución completa , preme aquí
Convocatoria probas Celga, niveis 1, 2, 3 y 4
13 mar 2026
Arquivado en: celga, cursos, DOG
Con data 13/03/2026 publicouse no DOG a Resolución do 6 de marzo de 2026 , da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis I, 2, 3 e 4, no ano 2026 publícase no Dog a convocatoria dos cursos celga 1, 2 ,3 e 4.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitud, segundo o modelo PL500C que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás cales solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa , será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución . Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
. - Para ver a resolución completa, preme aquí
EGAP: Últimos días para inscribirse nos cursos sobre tecnoloxías da información (TIC), administración electrónica e protección de datos
12 mar 2026
Arquivado en: cursos, EGAP
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) publicou unha nova convocatoria de cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos, dirixida, entre outros colectivos, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia (incluídas as persoas integrantes das bolsas de interinos/as nos corpos indicados na convocatoria).
O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de marzo de 2026. A matrícula realízase exclusivamente en liña a través do formulario dispoñible en https://egap.xunta.gal/matricula.
Importante: durante o prazo de presentación poderás solicitar un máximo de 3 cursos.
Cursos específicos para persoal da Administración de xustiza
CV26046 – Ferramentas para o teletraballo na Administración de xustiza (20 horas, teleformación).
CV26052 – Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais na Administración de xustiza (30 horas, teleformación).
CV26060 – Implantación do expediente xudicial electrónico: persoal de auxilio (30 horas, teleformación).
CV26061 – Implantación do expediente xudicial electrónico: persoal xestor e tramitador (30 horas, teleformación).
CV26062 – Seguridade da información na Administración de xustiza en Galicia (30 horas, teleformación).
. -Para ver a resolución completa, preme aquí
EGAP : convocatoria de cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos
5 mar 2026
Arquivado en: cursos, DOG, TIC
Con data 05/03/2026 publicouse no DOG a Resolución do 18 de febreiro de 2026 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos, para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, e do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 13 de marzo de 2026.
. - Para ver a resolución completa, preme aquí
EGAP: convocatoria de actividades de formación continua
18 feb 2026
Arquivado en: cursos, DOG, EGAP, Formación
Con data 18/02/2026 publícouse no DOG a Resolución do 13 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 25 de febreiro de 2026.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/ desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.
. - Para ver a resolución completa, preme aquí
EGAP: convocatoria de actividades de formación continua en materia de idiomas
11 feb 2026
Arquivado en: cursos, EGAP, formación continua, idiomas
Con data 11/02/2026 publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 18 de febreiro de 2026.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.
. - Para ver a Resolución completa, preme aquí
Convocatoria de cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico
9 feb 2026
Arquivado en: cursos, DOG, riscos laborais
Con data 09/02/2026 publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2026 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
Poderán participar nesta actividade formativa: empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, traballadores/as designados/as e delegados/as de prevención, empresarios/as que asuman as funcións de prevención e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
O prazo de presentación de solicitudes será do 10 ao 20 de febreiro de 2026.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
. - Para ver a Resolución completa, preme aquí
Convocatoria Mesa de Formación (27/11/2025)
24 nov 2025
Arquivado en: cursos, EGAP, mesa formación
Dende a Dirección Xeral de Xustiza convócase Mesa de Formación para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia (videoconferencia) na seguinte hora e data indicada:
DATA: XOVES, 27 DE NOVEMBRO
HORA: 9:30
Orde do día:
1.- Planificación do programa de formación continua da EGAP para o ano 2026 do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.
2.- Rogos e preguntas.
Xúntase a táboa de cursos programados dentro do plan de formación continua específica de Xustiza para o ano 2025, con indicación das edicións, horas e a súa taxa de demanda, incluíndose na mesma os cursos dirixidos ao persoal profesional que presta servizo no IMELGA, cursos de idioma galego dirixidos ao persoal ao servizo da administración de Xustiza xestionados pola EGAP con Política lingüística, e os cursos en materia de novas tecnoloxías.
. -Para ver a Táboa de cursos remitida , preme aquí
EGAP: convocatoria de cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal destinado fóra de Galicia
14 may 2025
Arquivado en: cursos, linguaxe xurídica
Con data 14/05/2025 publícase no DOG a Resolución do 6 de maio de 2025 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
- O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 ata o 21 de maio de 2025.
- O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula>, e non serán admisibles outras formas de solicitude.
- Para ver a resolución completa preme aquí
Convocatoria de cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)
7 mar 2025
Arquivado en: cursos, DOG, TIC
Hoxe publícase no DOG a Resolución do 28 de febreiro de 2025 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2025.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática, dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres
- Para ver a Resolución completa, preme aquí
EGAP: convocatoria de cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega
30 ene 2025
Arquivado en: cursos, DOG, linguaxe xurídico
Con data 30/12/2025publícase no DOG a Resolución do 22 de xaneiro de 2025 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
O persoal que desexe participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula>, e non serán admisibles outras formas de solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 7 de febreiro de 2025.
Para ver a resolución completa, preme aquí
Convocatoria de cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos
2 abr 2024
Arquivado en: cursos, DOG, Formación, TIC
Hoxe publícase no DOG a Resolución do 27 de marzo de 2024 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 12 de abril de 2024.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.
As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Para ver a resolución completa, preme aquí
Convocadas actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero
15 mar 2024
Arquivado en: cursos, DOG, EGAP, violencia xénero
Con data 15/03/2024 publícouse no DOG a Resolución do 8 de marzo de 2024 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades públicas galegas.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Para vera a resolución completa, preme aquí
EGAP: convocatoria de cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico
12 mar 2024
Arquivado en: cursos, DOG, EGAP, riscos laborais
Hoxe publícase no DOG a Resolución do 29 de febreiro de 2024 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
. O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 25 de marzo de 2024.
Para vera a resolución completa, preme aquí
EGAP. convocadas actividades de formación continua
1 mar 2024
Arquivado en: cursos, DOG, formación continua
Hoxe publícase no DOG a Resolución do 29 de febreiro de 2024 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais desde o día
seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
.Para ver a resolución completa, preme aquí
EGAP: convocatoria de actividades de formación continúa en materia de idiomas
14 feb 2024
Arquivado en: cursos, DOG, idiomas
Hoxe publícase no DOG a Resolución do 6 de febreiro de 2024 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación
desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 26 de febreiro 2024.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha
vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.
Para ver a Resolución completa, preme aquí
EGAP, Convocadas actividades formativas de competencias dixitais (ComDix)
25 sept 2023
Arquivado en: cursos, DOG
Hoxe publícase a Resolución do 21 de setembro de 2023 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación
desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 4 de outubro de 2023.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Para ver a resolución completa, preme aquí
Convocatoria de cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico.
11 ago 2023
Arquivado en: cursos, DOG, Formación, prevención riscos laborais
Hoxe publícase no DOG a Resolución do 4 de agosto de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Poderán participar nesta actividade formativa: os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con
inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de agosto de 2023. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/
matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha
vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Para ver a Resolución completa , preme aquí































