Mostrando entradas con la etiqueta idiomas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta idiomas. Mostrar todas las entradas

EGAP: convocatoria de actividades de formación continua en materia de idiomas


11 feb 2026








Con data 11/02/2026 publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 18 de febreiro de 2026.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.



. - Para ver a Resolución completa, preme aquí



EGAP:convocatoria de cursos de idiomas


13 feb 2025








Hoxe publícase no DOG a Resolución do 3 de febreiro de 2025 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza e das entidades locais, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de febreiro de 2025.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Para ver a resolución completa, preme aquí

EGAP: convocatoria de actividades de formación continúa en materia de idiomas


14 feb 2024







Hoxe publícase no DOG a Resolución do 6 de febreiro de 2024 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)

 O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 26 de febreiro 2024

 As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.

Para ver a Resolución completa, preme aquí


EGAP: convocadas actividades de formación continúa en materia de idiomas


20 feb 2023







Hoxe publícase no DOG a  Resolución do 16 de febreiro de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 1 de marzo de 2023. 

Para ver a Resolución completa, preme  aquí


EGAP: convocadas actividades de formación continúa en materia de idiomas


9 feb 2022


 



Hoxe publícase no DOG a Resolución do 8 de febreiro de 2022 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).


O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación
.
Para ver a Resolución completa, preme aquí


EGAP. Novo prazo de matrícula para cursos de idiomas


18 mar 2016




Co fin de cubrir as prazas vacantes, a EGAP abre un novo prazo de presentación de solicitudes para varios cursos de idiomas convocados no DOG do 4 de marzo.

Destinatarios: o persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e o persoal da Administración de xustiza

O novo prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde as 8 horas do 18 de marzo ata as 14 horas do 26 de marzo de 2016,

Para ver o enlace, preme aqui