Recuperación do 6º día asuntos particulares e o incremento dos días de permiso por asuntos particulares en función da antigüidade e os de vacacións recoñecidos.


21 sept 2015





 NOTA INFORMATIVA 



En relación coa publicación do Real Decreto Lei 10/2015, no que se inclúe a devolución parcial dalgúns dos dereitos que nos foron roubados en 2012, todos os días de permiso e vacacións que recolle devandito R.D. son de aplicación directa a todo o persoal da Administración de Xustiza,tanto do ámbito do Ministerio como das CCAA con competencias trasferidas.

Este Real Decreto-lei establece, entre outras disposicións, a modificación do número de días de permiso por asuntos particulares, o incremento dos días de permiso por asuntos particulares en función da antigüidade e os de vacacións recoñecidos no Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) :

-Incremento dun día por asuntos particulares:

 Permiso de 6 días ao ano por asuntos particulares (recuperación do sexto día),
polo que este ano temos 7 días (6 fixos e 1 máis polo sábado día 15 de Agosto).

- Días adicionais por asuntos particulares en función da antigüidade:

Recupéranse ata dous días ao cumprir  o sexto trienio, e un día mais por cada trienio cumprido a partir do oitavo.

-Días adicionais de vacacións en función da antigüidade:

Con 15 anos de servizo: 23 días hábiles
Con 20 anos de servizo: 24 días hábiles
Con 25 anos de servizo: 25 días hábiles
Con 30 anos de servizo: 26 días hábiles


E tal e como está redactado o Real Decreto Lei 10/2015, que entrou en vigor o mesmo día da súa publicación (é dicir, o sábado 12 de setembro de 2015), ten efectos inmediatos para todo o persoal da Administración de Xustiza, excepto a recuperación dos días adicionais de vacacións por antigüidade que terá efectos de 1 de outubro de 2015, data de entrada en vigor da reforma da LOPJ.

Tamén, tras a publicación do RDLey 10/2015 tanto os días adicionais de permiso como os días adicionais de vacacións por antigüidade poderán gozarse a partir do día seguinte ao cumprimento do tempo de servizo necesarios que dan dereito ao goce dos mesmos.



TÁBOA DE PERMISOS POR ANTIGÜIDADE  PARA ESTE ANO 2015:

6º Trienio: + 2 días = 9 días (En total por asuntos propios, contanto que temos 7 días                        
7º Trienio: +2 días = 9 días                                                                            este ano)
8º Trienio: + 3 días =10 días.                
9º Trienio: + 4 días = 11 días.               
10ºTrienio: + 5 días = 12 días.              
11ºTrienio: + 6 días = 13 días.              
12ºTrienio: +7 días =  14 días.              

………..e así sucesivamente. ( Non hai límite de días).


TÁBOA DE DÍAS ADICIONAIS POR VACACIÓNS :

15 anos: + 1 día = 23 días  ( En total de vacacións )
20 anos: +2 días = 24 días     
25 anos: +3 días = 25 días     
30 anos: + 4 días = 26 días    

Aquí si hai límite , está nos 30 anos, é dicir, a partir dos 30 anos hai 4 días máis, pois aínda que se teñan 35 ou 40 anos, mantéñense os 4 días.

Tanto os días de vacacións como de asuntos propios, poderanse gozar ata o 31 de Xaneiro de 2016.

E aínda que o calendario laboral (Orde JUS/2538/2013 de 27 de decembro –BOE 16/01/14-) establece que tanto os días de asuntos particulares como as vacacións poderán gozarse ata o 31 de xaneiro do ano seguinte CCOO solicitou ao Ministerio de Xustiza que estes días adicionais de permiso e vacacións por antigüidade poidan gozarse como mínimo ata o 31 de marzo de 2016.


-NO caso do sexto día de asuntos particulares xa se pode solicitar a través da OPAX.
-No caso dos días adicionais por asuntos particulares en función da antigüidade estase a habilitar no sistema informático a solicitude a través da OPAX.
-No caso dos días de vacacións en función da antigüidade a aplicación do previsto no RDL  10/ 2015 no entrará en vigor ata o próximo día 01/10/2015, data da entrada en vigor da reforma da Lei orgánica do poder xudicial, operada pola Lei orgánica 7/2015, do 21 de xullo.

Pero segue sen recoñecerse polo Goberno, entre outros dereitos, de forma efectiva, o permiso de nove días de asuntos particulares (tres días máis sobre os seis días de asuntos particulares recoñecidos agora) de que dispoñiamos o persoal da Administración de Xustiza ata 2012, polo que seguiremos loitando para lograr a recuperación dos 9 días de asuntos particulares.