Para ver o escrito presentado preme aquí.
Mostrando entradas con la etiqueta dias de vacacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dias de vacacións. Mostrar todas las entradas
Solicitude de ampliación de prazo disfrute de asuntos particulares e vacacións.
15 de octubre de 2015
Arquivado en: ampliación prazo, asuntos particulares, dias de vacacións
Para ver o escrito presentado preme aquí.
Recuperación do 6º día asuntos particulares e o incremento dos días de permiso por asuntos particulares en función da antigüidade e os de vacacións recoñecidos.
21 de septiembre de 2015
Arquivado en: adicionais, asuntos particulares, Boe, dias de vacacións
NOTA INFORMATIVA
En relación coa publicación do Real Decreto Lei 10/2015, no que se inclúe a
devolución parcial dalgúns dos dereitos que nos foron roubados en 2012, todos
os días de permiso e vacacións que recolle devandito R.D. son de aplicación
directa a todo o persoal da Administración de Xustiza,tanto do ámbito do
Ministerio como das CCAA con competencias trasferidas.
Este Real Decreto-lei establece, entre outras disposicións, a modificación
do número de días de permiso por asuntos particulares, o incremento dos días de
permiso por asuntos particulares en función da antigüidade e os de vacacións
recoñecidos no Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) :
-Incremento dun día por
asuntos particulares:
Permiso de 6 días ao ano por asuntos particulares (recuperación do sexto día),
polo que este ano temos 7 días
(6 fixos e 1 máis polo sábado día 15 de Agosto).
- Días adicionais por
asuntos particulares en función da antigüidade:
Recupéranse ata dous días ao cumprir
o sexto trienio, e un día mais por cada trienio cumprido a partir do
oitavo.
-Días adicionais de
vacacións en función da antigüidade:
Con 15 anos de servizo: 23 días hábiles
Con 20 anos de servizo: 24 días hábiles
Con 25 anos de servizo: 25 días hábiles
Con 30 anos de servizo: 26 días hábiles
E tal e como está redactado o Real Decreto Lei 10/2015, que entrou en vigor
o mesmo día da súa publicación (é dicir, o sábado 12 de setembro de 2015), ten
efectos inmediatos para todo o persoal da Administración de Xustiza, excepto a
recuperación dos días adicionais de vacacións por antigüidade que terá efectos
de 1 de outubro de 2015, data de
entrada en vigor da reforma da LOPJ.
Tamén, tras a publicación do RDLey 10/2015 tanto os días adicionais de permiso como os
días adicionais de vacacións por antigüidade poderán gozarse a partir do día
seguinte ao cumprimento do tempo de servizo necesarios que dan dereito ao
goce dos mesmos.
TÁBOA DE PERMISOS POR
ANTIGÜIDADE PARA ESTE ANO 2015:
6º Trienio: + 2 días = 9 días (En total por asuntos propios, contanto que
temos 7 días
7º Trienio: +2 días = 9 días “
este ano)
8º Trienio: + 3 días =10 días. “
9º Trienio: + 4 días = 11 días. “
10ºTrienio: + 5 días = 12 días. “
11ºTrienio: + 6 días = 13 días. “
12ºTrienio: +7 días = 14 días. “
………..e así sucesivamente. ( Non hai límite de días).
TÁBOA DE DÍAS ADICIONAIS
POR VACACIÓNS :
15 anos: + 1 día = 23 días ( En
total de vacacións )
20 anos: +2 días = 24 días “
25 anos: +3 días = 25 días “
30 anos: + 4 días = 26 días “
Aquí si hai límite , está nos 30 anos, é dicir, a partir dos 30 anos hai 4
días máis, pois aínda que se teñan 35 ou 40 anos, mantéñense os 4 días.
Tanto os días de vacacións como de asuntos propios, poderanse gozar ata o
31 de Xaneiro de 2016.
E aínda que o calendario laboral (Orde JUS/2538/2013 de 27 de decembro –BOE
16/01/14-) establece que tanto os días de asuntos particulares como as
vacacións poderán gozarse ata o 31 de xaneiro do ano seguinte CCOO solicitou ao Ministerio de Xustiza
que estes días adicionais de permiso e vacacións por antigüidade poidan gozarse
como mínimo ata o 31 de marzo de 2016.
-NO caso do sexto día de asuntos particulares xa se pode solicitar a través
da OPAX.
-No caso dos días adicionais por asuntos particulares en función da
antigüidade estase a habilitar no sistema informático a solicitude a través da
OPAX.
-No caso dos días de vacacións en función da antigüidade a aplicación do
previsto no RDL 10/ 2015 no entrará en
vigor ata o próximo día 01/10/2015, data da entrada en vigor da reforma da Lei
orgánica do poder xudicial, operada pola Lei orgánica 7/2015, do 21 de xullo.
Pero segue sen recoñecerse polo Goberno, entre outros dereitos, de forma
efectiva, o permiso de nove días de asuntos particulares (tres días máis sobre
os seis días de asuntos particulares recoñecidos agora) de que dispoñiamos o
persoal da Administración de Xustiza ata 2012, polo que seguiremos loitando
para lograr a recuperación dos 9 días de asuntos particulares.
Ver enlace Real Decreto Lei 10/2015

