Hoxe publícase no DOG a Resolución do 4 de agosto de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Poderán participar nesta actividade formativa: os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con
inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de agosto de 2023. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/
matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha
vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Para ver a Resolución completa , preme aquí