Hoxe publícase a Resolución do 21 de setembro de 2023 pola que se convocan actividades
formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix para o persoal
ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das
entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da
Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos
(PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación
desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 4 de outubro de 2023.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Para ver a resolución completa, preme aquí