Convocatoria de cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos


2 abr 2024

















Hoxe publícase no DOG a Resolución do 27 de marzo de 2024 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.


Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.



O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 12 de abril de 2024.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.

As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


Para ver a resolución completa, preme aquí