Hoxe publícase no DOG a Resolución do 13 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2025/26.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:
– Desde o 30 de xuño ata o 11 de xullo de 2025, para os cursos do primeiro cuadrimestre;
– Desde o 10 ata o 21 de novembro de 2025, para os cursos do segundo cuadrimestre.