CCOO demanda un trato igualitario para a cidade da Coruña no mantemento dos oito Xulgados de instrución.


25 jun 2025





No día de hoxe coñecíamos a nova que transmitía o alcalde de Vigo do compromiso do Ministro de Xustiza de manter o oitavo xulgado de instrución e a duplicación do Xulgado de Violencia sobre a Muller. 

 

Dende o sector de xustiza de CCOO dirixímonos por escrito á alcaldía da Coruña, co fin de que faga a mesma xestión. As cargas de traballo e a realidade social da lacra da violencia machista ben o requiren. E non nos conformamos con unicamente a dotación dun xuíz máis, se non que debe garantirse que os cadros de persoal dos xulgados creados sexan completos, xa que a intención e que unicamente se dote aos Xulgados de Violencia sobre a Muller, dun Maxistrado e un tramitador, cando debera contar con dous xestores procesuais, catro tramitadores e un funcionario de auxilio xudicial. 

 

Por outra banda reiteramos que o Partido Popular que goberna na Xunta de Galicia debe dotar unha partida para crear as gardas de 24 horas, sendo A Coruña, xunto con Vigo as únicas cidades con oito xulgados que carecen delas, e que é unha demanda unánime de operadores xurídicos: xuíces, forenses, funcionarios de xustiza, avogados e procuradores, mesmo o Consello Xeral do Poder Xudicial se posicionou favorablemente, polo que non caben máis adiamentos. As gardas de 24 horas garantirían un servizo público máis eficaz para o cidadán e dende logo axudarían a reducir a criminalidade, sen xustiza áxil non hai xustiza.