Publicada no DOG a convocatoria do Fondo de Acción Social para o ano 2021


27 may 2021


 

 

  Hoxe publícase no DOG a Resolución do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade da convocatoria e dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2021 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

  Poderán solicitar as axudas os funcionarios de carreira e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.

O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos exixidos polo presente programa de atención de persoas discapacitadas do Fondo de Acción Social.

Tamén poden solicitar a axuda:

a) Aquelas persoas que prestaran servizos como funcionarios interinos da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 30.7.2020) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.

b) Os funcionarios de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (30.7.2020) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestaran servizos nesta comunidade autónoma e se xubilaran durante o dito período.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es.

A contía da axuda calcúlase do seguinte modo, tendo en conta o grao de discapacidade:

– Do 33 % ao 64 %: 300 €.

– Do 65 % ao 74 %: 600 €.

– Do 75 % en diante: 1.200 €.

 

Para ver a Resolución completa, preme aqui