Convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Presidencia


23 ene 2012



No Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2012, publícase a Orde do 19 de xaneiro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Descargar PDF 



Texto

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 19 de xaneiro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do citado decreto lexislativo,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e as demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo, se se considera oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Código do posto: PR.C99.00.000.15001.010.

Denominación do posto: secretario/a territorial.

Subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 21.029,54.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Adscrición admóns. públ.: A12-A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA., Administración local e Administración de Xustiza).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Dependencia: Delegación Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.