Celga 2017. Convocadas as probas para a obtención dos certificados


4 abr. 2017


[celga_web.jpg]A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL)  publica no DOG de hoxe, 4 de abril de 2017,  a convocatoria para as probas Celga deste ano, que terán lugar en Santiago de Compostela e en Ponferrada no mes de xuño. Como outros anos, os niveis para os que haberá exame son o 1, 2, 3 e 4.

As persoas destinatarias destas probas son as maiores de 16 anos ou que os fagan antes de finais do ano 2017. As probas realizaranse nas seguintes datas (que poderán mudarse por razóns de forza maior ou para a mellor administración das probas):
  • Celga 4: 10 de xuño de 2017.
  • Celga 2: 11 de xuño de 2017.
  • Celga 3: 17 de xuño de 2017.
  • Celga 1: 18 de xuño de 2017.
prazo de presentación das solicitudes e da documentación é dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Para máis información sobre o desenvolvemento das probas e os formularios de inscrición preme aquí