Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e curso preparatorias do certificado Celga


26 jun 2024






Hoxe publícase no DOG a Resolución do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no punto quinto desta resolución.

 O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

 – Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre.

– Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre.


Para ver a resolución completa, preme aquí