Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3e 4 , no ano 2022


9 sept 2022



Hoxe publícase no DOG a Resolución do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia


Para ver a Resolución completa, preme aquí