Mostrando entradas con la etiqueta listaxes provisionais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta listaxes provisionais. Mostrar todas las entradas

Acción social 2025: aprobación das listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas


19 sept 2025






Con data 19/09/2025  publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.


. - Para ver  a Resolución completa, preme aquí

Probas Celga, 2, 3 e 4: publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas


13 oct 2022






Con data 13/10/2022 publicouse no Portal da Lingua Galega as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para as probas Celga 2,3 e 4 .

As persoas excluídas disporán dun prazo de 10 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta resolución na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión. 

Para ver as listaxes provisionais  publicadas, preme aquí


Publicación acción social 2015.


16 sept 2015





O vindeiro 21 de setembro, publicarase a Resolución do 7 de setembro de 2015, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.