Mostrando entradas con la etiqueta 2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2015. Mostrar todas las entradas

Publicación acción social 2015.


16 sept 2015





O vindeiro 21 de setembro, publicarase a Resolución do 7 de setembro de 2015, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.



Información resolución provisional Concurso de traslados 2015.


16 jul 2015



 Según ha informado el Ministerio de Justicia en  relación al concurso de traslados de fecha 20-5-2015, entre funcionarios de los Cuerpos/Escalas, de Gestión, Tramitación y Auxilio de la Administración de Justicia, se comunica que la resolución provisional del mismo está prevista para la última semana de agosto, publicándose en el BOE del 1 de septiembre la Orden correspondiente, y concediéndose un plazo de alegaciones hasta el 20 de septiembre.

Acción Social 2015


15 jun 2015






Publicouse hoxe no DOG resolución do 22 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
 -Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
-Formulario da solicitude a través da OPAX.

Ver DOG

Permisos retribuídos dos electores que exerzan o dereito ao voto o vindeiro día 18 de xuño.




Publicouse hoxe no DOG resolución de 25 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen os permisos retribuídos de que poden gozar os electores a órganos de representación de persoal da Administración de xustiza en Galicia que exerzan o dereito de voto o vindeiro día 18 de xuño.

1º. Para a elección de órganos de representación do persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza, os funcionarios exercerán o seu dereito ao voto o vindeiro día 18 de xuño nas mesas electorais correspondentes ao seu ámbito funcional e territorial, e disporán dun permiso retribuído polo tempo indispensable para exercer tal dereito na forma que se establece a seguir, agás os que exerzan o dereito ao voto por correo.

Aos funcionarios que gocen deste permiso poderalles ser exixida unha xustificación da efectividade do acto da votación, que para o efecto solicitarán da súa mesa electoral.

2º. Os que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada no mesmo local ou edificio onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados poderán dispoñer dun permiso de dúas horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.

3º. Os que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada na mesma localidade, pero distinto local ou edificio, onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados poderán dispoñer dun permiso de tres horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.

4º. Os que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada en localidade distinta da que presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados poderán dispoñer dun permiso de catro horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación, ou do tempo maior indispensable naqueles casos en que as circunstacias así o impoñan.

- Mesa electoral   mesmo  edificio:  2 horas
- Mesa electoral distinto  edificio:   3 horas
- Mesa electoral distinta localidad: 4 horas

5º. Os compoñentes das mesas e os interventores e apoderados das candidaturas gozarán dun permiso retribuído de xornada completa no día da votación e dunha redución de cinco horas na xornada de traballo do día inmediatamente  posterior.











Eleccións sindicais 2015. O noso programa.


11 jun 2015




ANOS  DE   RECORTES,  TEMPO DE RESISTENCIA

Dende maio de 2010 estamos a sufrir recortes salariais e de dereitos: a eliminación da paga extra de decembro de 2012, conxelación dos salarios (en total un 30% de perda salarial), eliminación de días de permiso e dos días adicionais por antigüidade, incremento da xornada laboral a 37,30 horas, eliminación do dereito a percibir o 100% das retribucións en situación de IT, eliminación ou reducción drástica da acción social, eliminación ou reducción ao simbólico das OEP.

CCOO promoveu e participou en todas as mobilizacións convocadas contra ditos recortes (entre outras, o 17 de decembro de 2012, manifestación contra as taxas xudiciais, 22 de marzo e 26 de abril de 2013 concentracións ante os Rexistros Civís, 17 de outubro de 2013 contra recortes MUGEJU,  8 de abril e 22 de maio de 2014 concentracións contra as reformas LOPJ e privatización do Rexistro Civil, manifestacións en defensa dos servizos públicos  ao longo dos anos 2013 e 2014, etc…)


CCOO  presentou unha INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR (ILP) no Congreso para recoller 500.000 sinaturas contra a privatización do Rexistro Civil (nun só mes  recolléronse máis de 100.000 sinaturas), CCOO manterá viva la ILP mentres a retirada da privatización do Rexistro Civil non se publique no BOE; presentou denuncias ante o Fiscal Xeral do Estado  contra o Presidente do Goberno, o ministro Gallardón e outros altos cargos por un posible conflicto de intereses na privatización do Rexistro Civil; e denunciou ante o Parlamento da UE esa privatización e exerceu o dereito de petición para freala.

CCOO XUSTIZA  SEGUIRÁ LOITANDO PARA:

1.-Recuperar o que nos roubaron:

-Recuperar os niveis salariais anteriores a maio de 2010
-Devolución íntegra da paga extraordinaria de decembro de 2012.

En xornada e horario:

-Restablecemento da xornada laboral máxima de 35 horas semanais.
-Recuperación dos 9 días de permiso por asuntos particulares  e os adicionais por antigüidade, tantos en asuntos particulares coma en vacacións.
-Horario de verao do 1 de xuño ao 30 de setembro
-Redución do horario de prolongación de xornada en igual proporción que o horario de verán
En materia de emprego:

-Convocatoria anual de Ofertas de Emprego Público
-Nomeamento inmediato de persoal interino sempre que non exista solicitude de cobertura por substitución.
Nas prestacións sociosanitarias:

-Restablecemento de todas as prestacións e axudas recortadas na MUGEJU e no RGSS coas súas contías actualizadas.

2.- Loitar contra calquera intento de privatización na administración de xustiza:

-Derrogación da lei do Rexistro Civil
-Realización de todos os actos de comunicación e execución por persoal funcionario da administración de xustiza, nunca polos procuradores ni ningún outro colectivo público ou privado.
-Modificación da normativa sobre xustiza gratuíta para permitir o acceso de toda a cidadanía á xustiza.
-O mantemento dos xulgados de Paz
-Adecuación das instalacións e edificios xudiciais á normativa vixente.
-Incremento dos cadros de persoal e creación de novos órganos xudiciais onde fose preciso.

3.- Mellorar as condicións de traballo:

-Revisión anual e negociada das RPT en base aos incrementos de cargas de traballo e a cobertura dos distintos postos de traballo mediante concurso e non por libre designación.
-Garantía de que ninguén sufrirá perda nas súas retribucións actuais por todos os conceptos durante o proceso de acoplamento á nova oficina, incluídas as gardas que faranse ca mesma frecuencia nas oficinas xudiciais.
-O incremento do complemento específico dos postos de traballo en violencia sobre a muller.
-Impedir a amortización de prazas por implantación da NOF/NOX
-Contratación de persoal interino a través de bolsas de traballo, nunca mediante empresas de traballo temporal
-Conversión das prazas de reforzo en cadros de persoal e a súa cobertura por titulares.
-As gardas deberán ter compensación mínima de un día de libranza, máis outro por cada día traballado en día non laborable.
-Concursos de traslado anuais, con resultas e con todas as prazas de todos os corpos, xerais e especiais.
-Nova regulación da orde de substitucións verticais e horizontais, con retribución do 100% en todos os casos e nova regulación do sistema de quendas. 
 -Creación dunha praza de auxilio nos servizos comúns de apoio.
-Reserva para posteriores convocatorias da nota de cada un dos exercicios da parte de oposición, no acceso por  promoción interna.
-Reserva e cobertura do 50% das prazas para a promoción interna a calquera corpo superior, tamén ao corpo de secretarios xudiciais.

Na Mutualidade:

-Mellora e garantías de cumprimento do concerto sanitario da MUGEJU coas entidades aseguradoras.
-Retribución do 100% de todos os conceptos no subsidio por incapacidade temporal.
-Mellora e actualización periódica de todas as axudas e a incorporación de novas prestacións.
-Obrigatoriedade da administración de conceder prórrogas en servizo activo,  nos casos nos que sexa necesario completar anos de cotización para acceder ao 100% da pensión de xubilación.
-Xubilación anticipada no RGSS nas mesmas condicións cas establecidas no réxime de clases pasivas.


En saúde laboral:

-Constitución dos comités de seguridades e saúde non existentes aínda.
-Elaboración dos plans de emerxencia e evacuación donde non se fixera.
-Avaliación de riscos laborais e psicosociais en todos os postos de traballo e a adopción das medidas pertinentes.
-Denuncia e seguimento dos casos de mobbing e acoso laboral.
-A atención ao persoal especialmente sensible a determinados riscos, particularmente de persoas con discapacidade,  para ocupar dende o principio un posto axeitado as súa características.
-Desaparición do carácter selectivo do curso teórico-práctico substituíndoo por formación práctica no posto de traballo do destino obtido tras ter superado o proceso selectivo.



ELECCIÓNS SINDICAIS 2015 – XUNTA DE PERSOAL DE XUSTIZA

O 18 DE XUÑO  VOTA CCOO

Horario:  de 9:00 14:30 horas