ANOS
DE RECORTES, TEMPO DE RESISTENCIA
Dende maio de 2010 estamos a sufrir
recortes salariais e de dereitos: a eliminación da paga extra de decembro de
2012, conxelación dos salarios (en total un 30% de perda salarial), eliminación
de días de permiso e dos días adicionais por antigüidade, incremento da xornada
laboral a 37,30 horas, eliminación do dereito a percibir o 100% das
retribucións en situación de IT, eliminación ou reducción drástica da acción
social, eliminación ou reducción ao simbólico das OEP.
CCOO promoveu e
participou en todas as mobilizacións convocadas contra ditos recortes (entre outras, o 17 de decembro de 2012, manifestación contra as taxas
xudiciais, 22 de marzo e 26 de abril de 2013 concentracións ante os Rexistros
Civís, 17 de outubro de 2013 contra recortes MUGEJU, 8 de abril e 22 de maio de 2014 concentracións
contra as reformas LOPJ e privatización do Rexistro Civil,
manifestacións en defensa dos servizos públicos ao longo dos anos 2013 e 2014, etc…)
CCOO
presentou unha INICIATIVA
LEXISLATIVA POPULAR (ILP) no Congreso para recoller 500.000 sinaturas
contra a privatización do Rexistro Civil (nun só mes recolléronse máis de 100.000 sinaturas), CCOO
manterá viva la ILP mentres a retirada da privatización do Rexistro Civil non
se publique no BOE; presentou denuncias
ante o Fiscal Xeral do Estado contra
o Presidente do Goberno, o ministro Gallardón e outros altos cargos por un
posible conflicto de intereses na privatización do Rexistro Civil; e denunciou ante o Parlamento da UE esa
privatización e exerceu o dereito de petición para freala.
CCOO XUSTIZA SEGUIRÁ LOITANDO PARA:
1.-Recuperar o que nos roubaron:
-Recuperar os niveis salariais
anteriores a maio de 2010
-Devolución íntegra da paga
extraordinaria de decembro de 2012.
En xornada e horario:
-Restablecemento da xornada
laboral máxima de 35 horas semanais.
-Recuperación
dos 9 días de permiso por asuntos particulares
e os adicionais por antigüidade, tantos en asuntos particulares coma en
vacacións.
-Horario
de verao do 1 de xuño ao 30 de setembro
-Redución
do horario de prolongación de xornada en igual proporción que o horario de
verán
En materia de emprego:
-Convocatoria
anual de Ofertas de Emprego Público
-Nomeamento
inmediato de persoal interino sempre que non exista solicitude de cobertura por
substitución.
Nas prestacións sociosanitarias:
-Restablecemento
de todas as prestacións e axudas recortadas na MUGEJU e no RGSS coas súas
contías actualizadas.
2.- Loitar
contra calquera intento de privatización na administración de xustiza:
-Derrogación da lei do Rexistro Civil
-Realización
de todos os actos de comunicación e execución por persoal funcionario da
administración de xustiza, nunca polos procuradores ni ningún outro colectivo
público ou privado.
-Modificación
da normativa sobre xustiza gratuíta para permitir o acceso de toda a cidadanía
á xustiza.
-O mantemento
dos xulgados de Paz
-Adecuación
das instalacións e edificios xudiciais á normativa vixente.
-Incremento
dos cadros de persoal e creación de novos órganos xudiciais onde fose preciso.
3.- Mellorar as
condicións de traballo:
-Revisión anual e negociada das RPT en base aos
incrementos de cargas de traballo e a cobertura dos distintos postos de
traballo mediante concurso e non por libre designación.
-Garantía de que ninguén sufrirá perda nas súas
retribucións actuais por todos os conceptos durante o proceso de acoplamento á
nova oficina, incluídas as gardas que faranse ca mesma frecuencia nas oficinas
xudiciais.
-O incremento do complemento específico dos
postos de traballo en violencia sobre a muller.
-Impedir a amortización de prazas por
implantación da NOF/NOX
-Contratación de persoal interino a través de
bolsas de traballo, nunca mediante empresas de traballo temporal
-Conversión das prazas de reforzo en cadros de
persoal e a súa cobertura por titulares.
-As gardas deberán ter compensación mínima de un día de libranza, máis
outro por cada día traballado en día non laborable.
-Concursos de traslado anuais, con resultas e con todas as prazas de todos
os corpos, xerais e especiais.
-Nova regulación da orde de substitucións verticais e horizontais, con
retribución do 100% en todos os casos e nova regulación do sistema de quendas.
-Creación dunha praza de auxilio
nos servizos comúns de apoio.
-Reserva para posteriores convocatorias da nota de cada un dos exercicios
da parte de oposición, no acceso por
promoción interna.
-Reserva e cobertura do 50% das prazas para a promoción interna a
calquera corpo superior, tamén ao corpo de secretarios xudiciais.
Na Mutualidade:
-Mellora e garantías de cumprimento do concerto sanitario da MUGEJU coas
entidades aseguradoras.
-Retribución do
100% de todos os conceptos no subsidio por incapacidade temporal.
-Mellora e actualización periódica de todas as axudas e a incorporación
de novas prestacións.
-Obrigatoriedade da administración de conceder prórrogas en servizo
activo, nos casos nos que sexa necesario
completar anos de cotización para acceder ao 100% da pensión de xubilación.
-Xubilación anticipada no RGSS nas mesmas condicións cas establecidas no
réxime de clases pasivas.
En saúde laboral:
-Constitución dos comités de seguridades e saúde non existentes aínda.
-Elaboración dos plans de emerxencia e evacuación donde non se fixera.
-Avaliación de riscos laborais e psicosociais en todos os postos de
traballo e a adopción das medidas pertinentes.
-Denuncia e seguimento dos casos de mobbing e acoso laboral.
-A atención ao persoal especialmente sensible a determinados riscos,
particularmente de persoas con discapacidade,
para ocupar dende o principio un posto axeitado as súa características.
-Desaparición do carácter selectivo do curso teórico-práctico
substituíndoo por formación práctica no posto de traballo do destino obtido
tras ter superado o proceso selectivo.
ELECCIÓNS
SINDICAIS 2015 – XUNTA DE PERSOAL DE XUSTIZA
O 18 DE
XUÑO VOTA CCOO
Horario: de 9:00 14:30 horas