Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados Celga


22 jun 2023





Hoxe publícase no DOG a Resolución  do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.



Se convocan con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2023/24, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.

Os cursos impartiranse entre setembro de 2023 e maio de 2024, en horario de mañá ou de tarde.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá dende o día 3 ata o 14 de xullo de 2023, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-decembro); e dende o 13 ata o 24 de novembro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio)


Para ver a Resolución completa, preme aquí