Campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2022


1 feb 2022









Hoxe publícase no DOG a  Resolución do 27 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade da campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2022 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do empregado público da Xunta de Galicia) ou do Opax (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).

 O prazo de inscrición rematará transcorridos 4 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención ra ver la Resolución completa, preme aquí de Riscos Laborais.

Para ver a Resolución completa, preme aquí