A Egap convoca actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal da Administración de xustiza de Galicia


13 feb. 2019







Publicouse no Dog do  12/02/2019 a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2019 pola que se convocan as actividades en materia de idiomas de formación continua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).


 O prazo de presentación de solicitudes será de oito días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


Para ver a Resolución , preme aquí