Informacións sobre adxudicación definitiva concurso, bolsa secretarios. oposición xestión e concurso específico nox


8 oct 2013


Segundo o Ministerio de Xustiza, a información de última hora sobre varias cuestións de interese, é a seguinte:

CONCURSO DE TRASLADO, ADXUDICACIÓN DEFINITIVA. - Segundo o Ministerio de Xustiza, a publicación no BOE da adxudicación definitiva do concurso de traslado non será antes de finais do mes de outubro, podendo mesmo atrasarse a publicación, segundo as mesmas fontes, ata arredor de mediados do mes de novembro.

CONVOCATORIA DA OPOSICIÓN DE XESTIÓN, QUENDAS DE PROMOCIÓN E LIBRE. - Segundo o Ministerio de Xustiza a publicación no BOE segue pendente da firma do Secretario de Estado para a súa remisión ao BOE. Polo tanto, a día de hoxe, o propio Ministerio de Xustiza é incapaz de asegurar a data exacta de publicación da devandita convocatoria, aínda que asegura o propio Ministerio de Xustiza que será en cuestión de días a súa remisión aoBOE para a súa publicación.

BOLSA DE SECRETARIOS XUDICIAIS, RELACIÓNS PROVISIONAIS. - Ao longo do mes de outubro publicaranse na páxina web do Ministerio de Xustiza e nos taboleiros de anuncios dos diferentesTSJ as relacións provisionais das bolsas de secretarios xudiciais substitutos, que como sabedes o prazo para presentar solicitudes, para formar parte da devandita bolsa, comezou o pasado 2 de setembro e finalizou o 11 do devandito mes.

PUBLICACIÓN NO BOE DA RESOLUCIÓN DO CONCURSO ESPECÍFICO DE PRAZAS DA NOX DE DIFERENTES CIDADES. - Pendente aínda da firma do Secretario de Estado, unha vez sexa asinada será remitida para a súa publicación no BOE a proposta da Comisión de Valoración de adxudicatarios do concurso específico, de conformidade co establecido na base Sexta da orde da convocatoria (BOE do 29 de abril de 2013), proposta que foi publicada na páxina web do Ministerio de Xustiza a semana pasada, o día 2 de outubro.

Para aqueles compañeiros e compañeiras que obtivesen destino neste concurso, e puidesen obtelo tamén na adxudicación definitiva do concurso de traslado xeral, informámosvos que é máis que probable que se publique no BOE con carácter previo a adxudicación do concurso específico e posteriormente se publique a adxudicación definitiva do concurso de traslado xeral de postos xenéricos.