Suspendida a bolsa de interinos


14 ene 2015


Entre luns e martes CCOO detectou varios casos de persoas que, admitidas nas listaxes provisionais, o luns non aparecían nin na lista definitiva nin na de excluídos.

Hoxe a Dirección Xeral confirma este erro, que atribúe a causas informáticas e deixa en suspenso as listas ata solucionar o problema. En consecuencia esta semana non se producirá ningún chamamento.

Para CCOO non se xustifica que un erro informático paralice os chamamentos, imprescindibles para o bo funcionamento do servizo e demanda que se continúen facendo dende a bolsa antigua, para evitar que xulgados con necesidades imperiosas de cobertura de vacantes incrementen as súas cargas de traballo.

Por outra banda solicitamos a maior dilixencia na resolución do problema, do que dependen postos de traballo e acceso aos mesmos de persoas sen ningún tipo de ingresos