Os funcionarios sacan músculo cos “inxuriosos” comentarios de Feijóo


21 may 2011


Publicado en www.xornal.com



20-05-2011. Centos de funcionarios –medio milleiro segundo os convocantes– concentráronse onte pola mañá nos servicios centrais da Xunta de Galicia en San Caetano, en Santiago de Compostela, para amosar o seu malestar polas declaracións feitas polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, a principios de maio, nas que consideraba o absentismo na Xunta un “problema”. Ademais, os empregados públicos manifestáronse para rexeitar a posibilidade de que se leven a cabo novos recortes salariais.

A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa da Xunta convocaron a manifestación, despois da cal intentaron, sen éxito, entregar unha carta formal a Feijóo, na que lle esixen que “cese na súa campaña de desprestixio” dos empregados públicos. O contido da carta, parte do cal foi publicado onte neste periódico, é duro co presidente autonómico e, entre outras cousas, os funcionarios din estar “fartos” de que o titular do Goberno galego “fale mal dos seus compañeiros”.

Durante a concentración, a presidenta da Xunta de Persoal, Pilar de Celis, leu o contido da carta ante os traballadores alí congregados e esixiu unha “rectificación e desculpas” a Feijóo. No momento da manifestación, o presidente atopábase na reunión semanal do Consello, razón que esgrimiu para non recibir a carta de man dos funcionarios. Feijóo enviou o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, quen indicou a súa disposición “en nome do presidente e do Goberno da Xunta” a recoller as reclamacións dos empregados públicos.

Despois, na rolda de prensa posterior ao Consello, Feijóo trasladou o seu “absoluto respecto” pola proposta dos funcionarios e garantiu que as súas reclamacións serán analizadas “con interese”. “Respecto absoluto á convocatoria, aínda que se faga o mesmo día que vén José Luis Rodríguez Zapatero, o Goberno que reduciu un 5% os salarios a todos os empregados públicos”, apuntou Feijóo.

A carta formal entrou por rexistro e Feijóo dixo que a lerá con “moito interese”. Sobre as preocupacións dos funcionarios, Feijóo repetiu o dito en días anteriores. “Manifestámoslles que non temos previsto seguir rebaixando o seu soldo porque xa teñen unha redución importante feita polo Goberno de España”, sinalou.

BO RESULTADO

Nun comunicado conxunto, a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dos servizos centrais da Xunta, coincidiron en cualificar de “moi positiva” a participación activa e “masiva” dos traballadores o que, segundo eles, “demostra a indignación” que provocou no colectivo as “desafortunadas intervencións” aparecidas en varios medios de comunicación realizadas polo titular autonómico nos últimos meses. O sindicato CSIF, a segunda forza sindical de San Caetano, está de acordo co comunicado conxunto, pero denunciou que non fora convocado para elaboralo, polo que consideraron que este feito “vai en contra da unidade sindical”.

Para os funcionarios, o “único aspecto negativo” da concentración de onte tivo lugar no momento en que intentaron entregarlle ao presidente a carta de protesta. A pesar da insistencia das presidentas dos órganos de representación –Pilar de Celis en representación da Xunta de Persoal e Ana Landrove polo Comité–, non foron recibidas por Feijóo e o documento tivo que entrar polo Rexistro Xeral. Tamén lle recordaron ao presidente que os empregados estarán “á expectativa e, de continuar coa campaña de desprestixio”, manterán as mobilizacións.

Aínda que todos os traballadores e sindicatos valoraron a concentración, recoñeceron que a afluencia foi “menor da esperada”, sobre todo tendo en conta a asistencia rexistrada nas asembleas informativas sobre os recortes salariais celebradas o pasado 10 de maio.


Enlace permanente



Los funcionarios, molestos con las críticas de Feijoo

El presidente insiste en que fue Zapatero quien recortó sus salarios




20-05-2011. Medio millar de funcionarios se concentraron ayer en la sede de los servicios centrales de la Xunta en Santiago para exigir a Feijoo una rectificación pública de sus declaraciones sobre el elevado índice de absentismo laboral y sobre su justificación al retraso en el pago de las nóminas de los empleados de Xustiza. Unas manifestaciones que el personal circunscribe en una campaña de desprestigio de los empleados públicos, a la que los funcionarios respondieron ayer con una exhibición pública de su malestar. Poco antes de las once de la mañana, decenas de trabajadores abandonaron sus puestos y, dentro del recinto, se dirigieron a las puertas del complejo con pancartas con lemas que ponían en entredicho la condición de funcionario del presidente gallego, que el mismo Feijoo reivindicó.

La presidenta de la junta de personal, Pilar de Celis, leyó una carta dirigida a Feijoo antes de que se disolviera la concentración. Fue esta representante de la CIG, organización sindical mayoritaria, la que intentó, junto a otras funcionarias, entregar la carta en mano a Feijoo mientras se celebraba el Consello de la Xunta.

Hasta allí se acercó el director xeral de Función Pública, José María Barreiro, con intención de recoger la misiva y dársela A Feijoo, pero los representantes de los trabajadores decidieron entonces hacer el trámite por el registro oficial. Poco después, tras el Consello, Feijoo mostró su total respeto a la convocatoria, «aínda que se faga o mesmo día en que ven o presidente do Goberno, que reduciu un 5% o soldo a todos os funcionarios».

Feijoo contrapuso la actitud de la Xunta -que durante una reunión el pasado lunes con los sindicatos anunció que no habrá nuevos recortes- con la de la Administración central, que, sin diálogo alguno, recorta las retribuciones. Miembros del Gobierno gallego, como el conselleiro Alfonso Rueda, sostienen que las manifestaciones públicas de Feijoo no perseguían dudar de la profesionalidad de los funcionarios, sino abrir un debate para buscar mejoras, un objetivo, dijo, que comparten muchos empleados de la Administración autonómica.

Mientras, el CSIF redactó una carta en la que recuerda al resto de los sindicatos que cualquier acuerdo resultante de la convocatoria de ayer debe ser aprobado por la junta de personal. José Francisco Sánchez Brunete, responsable de la sección sindical de CSIF, dice que no se pueden adoptar decisiones en nombre de la junta sin que se haya reunido y que todos los pasos que se den sin este formalismo «deben asumirlos los sindicatos que lo suscriban».

Enlace permanente