Mesa Sectorial de xustiza (02/12/2025): máis imposición que negociación


3 dic 2025


 



MESA SECTORIAL 2 DE DECEMBRO DE 2025

MÁIS IMPOSICIÓN QUE NEGOCIACIÓN





. TRAXECTORIA PROFESIONAL: á espera do que demandamos, unha carreira ordinaria que permita acceder ao grado de forma automática, acreditados os méritos e a antigüidade, vaise abrir unha nova convocatoria, previsiblemente en marzo, co seguinte reparto    



                                     2025 ..... 35%

                                     2026....70%
                                   
                                     2027....100%


O 2025 cobrarase de forma retroactiva, polo que a partir da aprobación pasaremos a cobrar directamente un 70% do grao.

Séguenos a parecer discriminatorio que xestores e médicos forenses teñan un adiamento nos cobros que non ten xustificación e esiximos unha rectificación, non obstante, por responsabilidade e coherencia asinamos o acordo para a mellora retributiva inmediata.



. ACORDO COMPLEMENTO ESPECÍFICO: xa quedou aprobado polo Consello da Xunta o acordo firmado con CCOO e cinco organizacións sindicais polo que en tres anos o complemento verase incrementado en 225 euros para todos os corpos, cun reparto de 40% (90€), 30% (67.5€), 30% (67.5€), en 2026, 2027 e 2028 respectivamente.


Sumando a carreira, este acordo, e o recente aprobado para toda a función pública estatal, aínda non recuperando todo o poder adquisitivo perdido, as nóminas van experimentar unha mellora substancial.



. REXISTRO CIVIL E VIOLENCIA : a Dirección Xeral négase a incrementos retributivos por cantidades fixadas hai xa moitos anos, totalmente desactualizadas e que non reflicten a penosidade dos traballos a desenvolver, nomeadamente en violencia, onde a limitación aos do equipo penal, fai que non se poidan cubrir nin tan sequera as ratios previstas na maioría de partidos xudiciais.



. COMISIÓN E SUBSTITUCIÓNS: a raíz de dous procedementos xudiciais interpostos por outras organizacións sindicais, que non compartimos e que tombaron unha regulación que satisfacía á maioría do cadro de persoal, requírese unha modificación normativa.


A Dirección Xeral quere aproveitar esta modificación para impor máis restricións: menor prazo para solicitude (de 5 a 3 días hábiles, perda da verticalidade como prioritaria en todos os casos, mínimo dun ano de permanencia en lugar de seis meses, ou informe do director funcional para as substitucións, algo que anteriormente non se requiría) 



. OEP: Dende a administración galega remitiuse ao Ministerio de Xustiza a necesidade de convocar 26 prazas de auxilio e 34 de tramitación, pero descoñecen ainda se se concederán todas elas.

 

. REFORZOS: instamos a manter aqueles que de cesalos suporían o colapso dalgún órgano xudicial, nomeadamente aqueles que levan VSM, contra o criterio da Dirección Xeral que ten pensado cesalos como data tope o día 15 de decembro.