O pasado día 27/11/2025, celebrouse unha mesa de formación entre a Dirección Xeral de Xustiza e as sete organizacións sindicais coa finalidade de planificar a formación para o ano 2026 para todo o persoal ao servizo da administración de xustiza de Galicia.
A Dirección Xeral de Xustiza remitiunos unha táboa cos cursos ofertados no ano 2025, coa demanda que tivo cada un dos cursos e , en base a ditos datos, informou que :
. Reducirá alguna edición daqueles cursos que tiveron neste ano unha menor demanda.
. Aumentará nunha edición máís os cursos de linguaxe xurídica media e superior dentro da Comunidade, dado a súa alta taxa de demanda.
. Introducirá novos cursos para o ano 2026, unha vez que todas as organizacións sindicais presentemos as nosas propostas de cursos dando de prazo ata o luns, 1 de decembro para que cada OOSS presente as súas propostas para o ano 2026 e poder acordar asi unha nova oferta formativa para o próximo ano.
Desde CCOO, reiteramos , un ano máis a necesidade de coñecer algún datos máis dos achegados pola Dirección Xeral de Xustiza na táboa remitida E importante coñecer cal é o orzamento destinado a dita formación, o custo de cada curso feito neste último ano, datos todos eles esenciais á hora de facer unha proposta formativa real para o próximo ano 2026 .Outro dato que consideramos importante, e tamén descoñecemos ,é o número de aqueles solicitantes que abandoaron os cursos antes do seu remate e a valoración global de cada curso.
Desde CCOO, propuxemos na mesa :
.- Seguir apostando e potenciar a formación de acollida impartida no mesmo posto de traballo a base de titorías, axilizando a súa tramitación.
.- Continuar estruturando en Módulos os cursos de cada xurisdición, engadindo novos cursos que engloben as reformas lexislativas.
.- A posta en marcha de cursos de formación en liña para a preparación das oposicións dirixidos ao persoal titular e interino da Administración de Xustiza de Galicia
.- O incremento do número de edicións e de prazas ofertadas para os cursos de linguaxe xurídica galega do nivel medio e superior, tanto para o persoal pertencente á Comunidade Autónoma Galega como para o persoal de fóra da nosa Comunidade.
.- Manter os cursos de formación específica en materia de violencia de xénero e igualdade efectiva de homes e mulleres, e demandamos un curso específico enfocado á elaboración e implantación de planes de igualdade na Administración de xustiza.
.- Que se manteñan os cursos sobre protección de datos e sobre a implantación do expediente xudicial electrónico.
.- Seguir impartindo cursos sobre as reformas lexislativas no ámbito civil, penal , familia, Rexistro civil e a súa aplicación Dicireg.
.- Cursos prácticos presenciais sobre tramitación e execución en todos os ordenes xuridicionais.
. - PROPOSTAS FORMATIVAS DE CCOO PARA O PLAN DE FORMACIÓN DO ANO 2026.
Desde CCOO, propoñemos as seguintes accións formativas para integrar o plan de formación para o ano 2026, algunha delas enfocadas ao cambio de modelo da oficina xudicial que vai a ter lugar no próximo ano e outras que consideramos tamén importantes:
. Atención aos usuarios e usuarias do servizo público de xustiza no NUMO.
. Xestión integral do cambio hacia o NUMO.
. Xestión de conflictos na administración de xustiza.
. Medios alternativos de solución de conflictos (MASC).
. Perspectiva de xénero e loita contra a violencia sobre as mulleres.
. Protección integral das vítimas de delitos sexuais. LO 10/2022, do 6 de setembro, de garantía da liberdade sexual.
. A lexislación para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.
. Acoso laboral e outros riscos psicosociais no ámbito da administración de xustiza.
. Responsabilidade penal dos menores.
. Tecnoloxía nas salas de vistas.
. Os actos de comunicación e execución, en especial as actuacións feitas fóra da sede xudicial
