Con data 03/10/2024 saíu publicada na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería ,a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.
O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web opax.xunta.es
O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.
Para ver a resolución completa, preme aquí