Na xuntanza da comisión de seguemento tratáronse tódolos puntos do acordo firmado en 2018 por SPJ-USO, UGT e CCOO:
CREACIÓN DE NOVAS PRAZAS 2025: Logo da creación de prazas acordadas en anos anteriores, na comisión de seguimento informásenos da creación en 2025 en Galicia de 24 prazas vinculadas ao acordo, pendentes de determinar en vindeiras xuntanzas a súa ubicación.Infórmasenos que en 2025 non se prevé a creación de novos xulgados.
CARREIRA PROFESIONAL: Conforme ó acordo firmado, con data de efectos económicos 1-1-2025 abrirase o grado extraordinario 3 tal como estaba previsto, aínda que se prevé que a apertura se retrase, pero sempre garantizando os efectos económicos de 1-1-2025. Igualmente, a solicitude sindical, garantésenos que se volverá a abrir o grado extraordinario 1 e 2 novamente. Respecto á apertura dinámica dos graos, está prevista, pero demorarase a súa implantación.
CLÁUSULA DE REVISIÓN DO CAT 2025: Tralos acordos firmados en diversos territorios con efectos económicos en 2024, 25 e 26, e as negociación en marcha noutros ámbitos, estase a traballar na comisión de seguimento na aplicación da cláusula de revisión do CAT/CE a fin de garantir que os traballadores da xustiza galega manteñan unha posición por riba da media dos ámbitos territoriais con competencias en Xustiza no que ó CAT/CE se refire. Cos números enriba da mesa, a Administración vai a estudiar as discrepancias respecto das cantidades aportadas polas organizacións sindicais respecto das aportadas pola DXX, e prevese nova xuntanza ó respecto para a terceira semana de outubro.
COMPLEMENTO PARA OS XULGADOS DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER: Neste apartado, unha vez creado o complemento para os Xulgados con competencia sobre a muller, os sindicatos solicitamos a actualización do dito complemento, así como a ampliación do complemento retributivo ós órganos xudiciais con competencias de Violencia sobre a muller que non cheguen ás 75 dilixencias de violencia anuais, apartado que vai estudiar a DXX.
O INCREMENTO DO CAT ACORDADO EN 2018, A PERCEPCIÓN DO 100% DAS RETRIBUCIÓNS NOS SUPOSTOS DE INCAPACIDADE TEMPORAL, O COBRO DO 100% DAS RETRIBUCIÓNS NO CASO DE SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS, E A CONSOLIDACIÓN DE PRAZAS DE REFORZO DE MAIS DE 3 ANOS foron outros dos puntos do acordo firmado no seu dia que se trataron na xuntanza, e que están totalmente cumplidos respecto ó acordado.
Seguiremos informando