Actualización das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica


14 sept. 2018



Publicouse no DOG do 13 de setembro de 2018 ,  a Orde  do 5 de setembro de 2018 pola que se actualizan con efectos do 1 de xullo de 2018 a contía das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica.

A disposición adicional décimo cuarta da Lei 8/2017 establece que as condicións retributivas do persoal ao servizo do sector público autonómico deberán adecuarse ás normas que, con carácter básico, se inclúan na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018. 

O artigo 18 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 establece que, para o ano 2018, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar un incremento global superior ao 1,5 % respecto ás vixentes en 31 de decembro de 2017, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal como á súa antigüidade. 

Establece, ademais, que se o incremento do produto interior bruto (PIB) a prezos constantes en 2017 alcanzase ou superase o 3,1 %, engadiríase, con efectos do 1 de xullo de 2018, outro 0,25 % de incremento salarial. 

Con data do 6 de xullo de 2018, o Instituto Nacional de Estadística certifica que o valor da taxa de variación interanual do PIB a prezos de mercado correspondente ao ano 2017 acadou o 3,1 %, en consecuencia, con data do 13 de xullo de 2018 o Consello de Ministros aprobou a aplicación desde o 1 de xullo de 2018 do incremento adicional de retribucións do 0,25 % sobre as retribucións vixentes en 31 de decembro de 2017.

Para ver  a resolución, preme aqui