Acción Social 2018. Aprobación das listaxes provisionais .


14 sept. 2018



Hoxe publícase no DOG, a RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2018 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co  certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formularen as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.
Para ver a resolución  , preme aquí