A Coruña: Calendario laboral 2013. Festividades locais na provincia


7 nov. 2012


No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 200, do 20 de outubro de 2012, publicouse a Resolución da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar pola que se aproba o calendario laboral para o ano 2012 na provincia da Coruña



Enlace permanente: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2012/11/05/2012_0000013176.html



Texto

Resolución da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar pola que se aproba o calendario laboral para o ano 2012 na provincia da Coruña

Dando cumprimento ao disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores (Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo), nos artigos 45 e 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no Decreto 169/2012, de 1 de agosto (DOG núm. 153, do 10 de agosto de 2012), polo que se determina o calendario laboral para o ano 2013 na Comunidade Autónoma de Galicia, esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, elaborou para esta provincia da Coruña o seguinte calendario laboral:

Primeiro.- Decláranse inhábiles a efectos laborais, retribuídos e non recuperables, os seguintes días festivos:

1 de xaneiro ……………..... Aninovo

28 de marzo ..................... Xoves Santo

29 de marzo .................... Venres Santo

1 de maio.......................... Festa doTraballo

17 de maio ....................... Día das Letras Galegas

24 de xuño ……………....... Día de San Xoán

25 de xullo……………........ Día Nacional de Galicia

15 de agosto……………..... A Asunción

12 de outubro ................... Día da Hispanidade

1 de novembro .................. Todos os Santos

6 de decembro .................. Día da Constitución

25 de diciembre ................ Nadal

Segundo.–Son tamén inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito dos respectivos concellos, as seguintes festas locais:

ABEGONDO
12 de febreiro Martes de Entroido
25 de abril San Marcos

AMES 19 de marzo San Xosé
9 de maio Festas da Ascensión

ARANGA 12 de febreiro Martes de Entroido
3 de maio Festa de Santa Cruz

ARES 13 de febreiro Mércores de cinza
21 de maio Voto de Chanteiro

ARTEIXO 12 de febreiro Martes de Entroido
26 de xullo Festas de Santiago Apóstolo

ARZÚA 1 de abril Luns de Pascua
16 de xullo Festividade de Nosa Señora do Carme

A BAÑA 22 de xaneiro festividade de San Vicente
9 de setembro Virxe das Dores

BERGONDO
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de agosto San Roque

BETANZOS
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de agosto San Roque

BOIMORTO
12 de febreiro Martes de Entroido
2 de setembro Festas do Rosario

BOIRO
16 de xullo Día do Carmen
13 de decembro Festa de Santa Lucía

BOQUEIXÓN
22 de xaneiro Festas de San Vicente
16 de agosto San Roque

BRIÓN
9 de maio Festas da Ascensión
27 de setembro Festividade de Santa Minia

CABANA DE BERGANTIÑOS
12 de febreiro Martes de Entroido
1 de agosto Festividade de San Fins

CABANAS
12 de febreiro Martes de Entroido
11 de novembro Festas de San Martiño

CAMARIÑAS
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de xullo Virxe do Carme

CAMBRE
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de agosto San Roque

A CAPELA
5 de agosto Festividade da Nosa Señora das Neves
16 de agosto San Roque

CARBALLO
12 de febreiro Martes de Entroido
25 de xuño San Xoán

CARIÑO
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de xullo Virxe do Carme

CARNOTA
12 de febreiro Martes de Entroido
26 de xullo Festa local de Carnota

CARRAL
12 de febreiro Martes de Entroido
26 de decembro Santo Estevo

CEDEIRA
13 de xuño Santo Antón
26 de xullo Santa Ana

CEE
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de agosto San Roque

CERCEDA
11 de febreiro Luns de Entroido
12 de febreiro Martes de Entroido

CERDIDO
7 de xaneiro Festa local de Cerdido
12 de febreiro Martes de Entroido

CESURAS
12 de febreiro Martes de Entroido
19 de marzo San Xosé

COIRÓS
7 de xaneiro Festividade de san Xiao
12 de febreiro Martes de Entroido

CORCUBIÓN
25 de abril Festa local de Corcubión
24 de setembro Festa local de Corcubión

CORISTANCO
12 de febreiro Martes de Entroido
13 de xuño Festividade de San Antonio de Agualada

A CORUÑA
12 de febreiro Martes de Entroido
7 de outubro Virxe do Rosario

CULLEREDO
11 de febreiro Luns de Entroido
12 de febreiro Martes de Entroido

CURTIS
12 de febreiro Martes de Entroido
19 de marzo San Xosé

DODRO
15 de xullo Festa de San Antonio en Teaio
9 de setembro Virxe do Bo Parto e do Leite

DUMBRÍA
26 de xullo Festas do Carmen de Berdeogas e de San Antonio de Olveiroa
10 de decembro Santa Baia

FENE
13 de febreiro Mércores de cinza
6 de agosto Festas de San Salvador

FERROL
7 de xaneiro San Xiao
1 de abril Nosa Sra. De Chamorro

FISTERRA
1 de abril Luns de Pascua
9 de setembro Festa local de Fisterra

FRADES
12 de febreiro Martes de Entroido
19 de marzo San Xosé

IRIXOA
11 de febreiro Luns de Entroido
12 de febreiro Martes de Entroido

LARACHA 12 de febreiro Martes de Entroido
16 de agosto San Roque

LAXE
16 de agosto San Roque
30 de agosto Festas de Santa Rosa

LOUSAME
25 de abril San Marcos
4 de outubro San Roquiño

MALPICA
23 de agosto Festa do Mar
12 de febreiro Martes de Entroido

MAÑÓN
11 de febreiro Luns de Entroido
9 de setembro Festas Patronais

MAZARICOS
12 de febreiro Martes de Entroido
25 de xuño San Xoán

MELIDE
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de xullo Festas da Virxe do Carme

MESÍA 12 de febreiro Martes de Entroido
16 de agosto San Roque

MIÑO 
12 de febreiro Martes de Entroido
28 de xuño Véspera de San Pedro

MOECHE
12 de febreiro Martes de Entroido
23 de abril San Xurxo

MONFERO 
11 de febreiro Luns de Entroido
12 de febreiro Martes de Entroido

MUGARDOS 
7 de xaneiro Festas de San Xiao
21 de maio Voto de Chanteiro

MUROS 
13 de febreiro Mércores de cinza
16 de xullo Festas Locais de Muros

MUXÍA 
1 de abril Luns de Pascua
16 de setembro Luns da Barca

NARÓN 
7 de xaneiro San Xiao
13 de febreiro Mércores de cinza

NEDA 
13 de febreiro Mércores de cinza
9 de setembro Festas locais

NEGREIRA 
12 de xullo Festas de San Cristovo
16 de setembro Festas de Santa Margarida

NOIA 
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de xullo Día do Carme

OLEIROS 
12 de febreiro Martes de Entroido
1 de abril Luns de Pascua

ORDES 
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de agosto San Roque

OROSO 
16 de agosto San Roque
16 de setembro Santa Eufemia

ORTIGUEIRA 
29 de xullo Festas de Santa Marta
12 de febreiro Martes de Entroido

OUTES 
13 de febreiro Mércores de cinza
20 de maio Santa Lucía

OZA DOS RÍOS 
12 de febreiro Martes de Entroido
15 de maio Festas locais

PADERNE 
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de agosto San Roque

PADRÓN 
1 de abril Luns de Pascua
6 de maio San Xoán do Raio

O PINO 
12 de febreiro Martes de Entroido
22 de xullo Festa local do Pino

POBRA DO CARAMIÑAL 
19 de agosto Luns do Carme dos Pincheiros
16 de setembro Luns do Nazareno

PONTECESO 
16 de setembro Festa local de Ponteceso
17 de setembro Festa local de Ponteceso

PONTEDEUME 
8 de maio Festas locais
10 de setembro Festas Locais

AS PONTES 
12 de febreiro Martes de Entroido
22 de xullo Festas do Carme

PORTO DO SON 
11 de febreiro Luns de Entroido
9 de setembro Festas de Nosa Señora de Lareto

RIANXO 
12 de febreiro Martes de Entroido
20 de setembro Venres de Guadalupe

RIVEIRA 
12 de febreiro Martes de Entroido
12 de setembro Santa Uxía

ROIS 
1 de abril Festa local de Rois
15 de maio Festa local de Rois

SADA 
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de agosto San Roque

SAN SADURNIÑO 
12 de febreiro Martes de Entroido
2 de xullo Festas de Santa Sabela

SANTA COMBA 
19 de marzo San Xosé
1 de xullo San Simeón

SANTIAGO DE COMPOSTELA 
9 de maio Festas da Ascensión
16 de agosto San Roque

SANTISO 
12 de febreiro Martes de Entroido
13 de xuño Santo Antón

SOBRADO DOS MONXES 
12 de febreiro Martes de Carnaval
20 de maio Luns de Pías

AS SOMOZAS 
12 de febreiro Martes de Entroido
26 de xullo Festas locais

TEO 
9 de maio Festas da Ascensión
11 de novembro San Martiño

TOQUES 
15 de maio Festa de San Isidro Labrador
2 de setembro San Antolín

TORDOIA 
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de maio San Isidro Labrador

TOURO 
12 de febreiro Martes de Entroido
1 de abril Luns de Pascua

TRAZO 
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de setembro Festividade de Santa Eufemia

VAL DO DUBRA 
1 de abril Luns da Feira de abril
2 de agosto Festa do Emigrante

VALDOVIÑO 
12 de febreiro Martes de Entroido
16 de agosto Festas de San Mamede

VEDRA 
23 de setembro Festa do Patio
10 de decembro Santa Baia

VILARMAIOR 
11 de febreiro Luns de Entroido
12 de febreiro Martes de Entroido

VILASANTAR 
12 de febreiro Martes de Entroido
19 de marzo San Xosé

VIMIANZO 
12 de febreiro Martes de Entroido
12 de agosto Festas do verán

ZAS 
16 de xullo Festa local de Zas
26 de xullo Festa local de Zas



Todas as empresas da provincia deberán ter exposto nun lugar visible do centro de traballo o calendario laboral para o ano 2013, de conformidade co establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos traballadores, para coñecemento e consulta dos traballadores.

O que se fai público no Boletín Oficial da Provincia para o seu debido cumprimento.

A Coruña, 22 de outubro de 2012

O xefe territorial de Traballo e Benestar
Luis Alberto Álvarez Freijido